Noticias

El PSdeG pide al Ministerio de Fomento 'explicaciones detalladas' sobre plazos y presupuestos del AVE a Galicia

Pilar Cancela, presidenta de la gestora del PSdeG, reclama al Ministerio de Fomento que ponga fin a la "absoluta opacidad" y ofrezca "explicaciones detalladas" sobre los "plazos y presupuestos" de las obras del AVE a Galicia. Cancela muestra "serias dudas" de que se cumplan las previsiones del Gobierno para la llegada del AVE en 2019, como anunciaron el ministro y el presidente gallego.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A deputada e coordinadora do PSdeG nas Cortes, Pilar Cancela, mantivo unha reunión de traballo en Ourense coa deputada Rocío de Frutos e o portavoz municipal, José Ángel Vázquez Barquero, para coordinar iniciativas sobre o AVE a Galicia. Cancela denunciou a “falta de información absoluta e opacidade flagrante” que está a ter o goberno no Congreso e reclamou que “rache con esta opacidade e explique polo miúdo unha pregunta fundamental: que tipo de AVE se está a ofertar para Galicia”.

A socialista explicou que o goberno de España non respondeu a ningunha das preguntas rexistradas por escrito polos socialistas galegos no Congreso, e que moitas delas decaeron por pasarse os prazos de resposta. “Queremos poñer a Galicia no mapa das comunicacións de primeira, e parece que ultimamente temos que poñer en cuestión que Galicia poida recibir o mesmo tratamento doutras comunidades”, criticou Cancela, que esixiu que a comunidade teña “o mesmo modelo de AVE e a mesma vía” que o resto de territorios.

A deputada lembrou que o grupo socialista no Congreso xa pediu a comparecencia do ministro de Fomento para que explique estas características, así como o cadro orzamentario de partidas concretas que porán sobre a mesa nos anos que restan, xa que “os compromisos políticos son tanxibles a través dos orzamentos”, dixo. Tamén pedirán unha explicación sobre os prazos previstos, xa que as previsións reais indican que o AVE non estará rematado como mínimo ata 2022.

Pilar Cancela lamentou que o presidente da Xunta só busque “facer a foto” sen concrecións e pediu tamén explicacións sobre osproxectos para as estacións intermodais das cidades galegas. Anunciou ademais que presentarán emendas aos Orzamentos Xerais para tratar de recuperar os 600 millóns menos ao ano que o goberno central destina a Galicia con respecto a cando gobernaban os socialistas, e lamentou que o PP “xa está empezando a preparar a súa defensa para acusar á oposición cando o AVE non se execute”. Cancela lembrou que os populares teñen pouca desculpa tras ter gobernado con maioría absoluta na pasada lexislatura, e con decisións tomadas para Galicia como a prórroga de Ence por 60 anos durante a etapa de interinidade do goberno.

Pola súa banda, o portavoz municipal, Vázquez Barquero, lamentou que Feijóo volvese “a sementar a incertidume de xeito frívolo e irresponsable” no Parlamento sobre a variante exterior en Ourense, sen compromiso real nin prazos previstos. “Pretende inaugurar o AVE sen finalizar os últimos 17 quilómetros entre Taboadela e Ourense”, volvendo ao “trazado da vergoña” previsto hai máis de dez anos pero “modernizado”, explicou. “Teremos unha vergoña modernizada”, dixo, e lembrou o risco para os viaxeiros despois de accidentes como o de Angrois.

Sobre a estación intermodal de Ourense, lembrou que desde 2011 había un proxecto aprobado e o goberno do PP non moveu nin unha peza. “Dimos pasos cara atrás, porque en 2011 había un proxecto gañador dun concurso público e a día de hoxe non hai nin proxecto. En vez de ir cara adiante imos cara atrás”, lamentou.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG

R., 2017-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES