
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Parlamento de Galicia:
O Parlamento de Galicia concederá a súa medalla aos integrantes da denominada Comisión dos 16, autores do anteproxecto do vixente Estatuto de Autonomía de Galicia. O acordo foi adoptado pola Mesa da Cámara, por proposta do presidente, Miguel Ángel Santalices Vieira, na reunión do 6 de febreiro. A entrega das distinción terá lugar o 6 de abril, coincidindo co 36 aniversario da promulgación do Estatuto.
A Asemblea de Parlamentarios Galegos, constituída o 25 de xullo de 1977 e que de acordo co artigo 151 da Constitución Española de 1978 tiña as competencias para elaborar e aprobar o Proxecto de Estatuto de Autonomía, acordou, posteriormente, designar unha comisión composta por dezaseis representantes de partidos, con e sen representación parlamentaria, para elaborar un primeiro texto. Nesta comisión, oito dos seus membros pertencían a UCD, dous ao PSOE, dous a AP, un ao PCG, un ao POG, un ao PG e un ao PTG.
A primeira reunión da Comisión dos 16 celebrouse o 10 de xaneiro de 1979 e en tres meses concluíron o encargo recibido. O 9 de abril de 1979 entregaban ao entón presidente da Xunta preautonómica, Antonio Rosón, o anteproxecto de estatuto que sofriría diferentes modificacións antes de ser sometido a referendo o 21 de decembro de 1980.
A Mesa da Cámara galega considera que a contribución destas 16 persoas -convocadas a través dunha circular da Xunta de Galicia datada o 4 de xaneiro de 1979-, e a de todas as demais que colaboraron e participaron nos traballos da Comisión, resulta ineludible na conmemoración do 35 aniversario do Parlamento de Galicia, na medida en que o poder lexislativo galego emana do Estatuto de Autonomía.
Integrantes da Comisión dos 16
1- D. Luis Cordeiro Rodríguez, por UCD de Lugo (*)
2- D. Víctor Vázquez Portomeñe, por UCD de Lugo
3- Dna. Lutgarda García Boente, por UCD de A Coruña
4- D. Pablo González Mariñas, por UCD de A Coruña
5- D. Manuel Reimóndez Portela, por UCD de Pontevedra (*)
6- D. Pablo Padín Sánchez, por UCD de Pontevedra
7- D. Ramón Álvarez Cid, por UCD de Ourense
8- D. Juan Manuel Álvarez Ramos, por UCD de Ourense (*)
9- D. Francisco Puy Muñoz, por AP
10- D. Manuel Vázquez Río, por AP (*)
11- D. Indalecio Tizón Covelo, polo PSdeG-PSOE (*)
12- D. José Vázquez Fouz, polo PSdeG-PSOE
13- D. Anxo Guerreiro Carreira, polo PCG (*)
14- D. Luis Sobrado Fernández, polo PG
15- D. Camilo Nogueira Román, polo POG
16- D. Fernando Solla Fernández, polo PTG
(*) Recibirán a Medalla do Parlamento a título póstumo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.