
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG denunciou nun acto simbólico de protesta ante a sede de Fenosa en Santiago os abusos e a impunidade desta compañia na prestación do servizo durante o temporal, así como a complicidade da Xunta que permite a empresa incumprir a lei sen consecuencias. Ademais de expoñer as propostas para abaratar a factura da luz e poñerlle fin ao negocio das eléctricas.
Fenosa créese a raíña do mambo, vímolo estes día no que millón de galegos e galegas soportaron cortes de luz ata cinco días, e iso non é unha consecuencia do temporal senón do feito de que non cumpre a lei que obriga a ter as liñas en bo estado, denunciou a portavoz nacional, Ana Pontón e iso pese a cobrarnos dúas veces, unha a través dun imposto que vai na factura para o mantemento das infraestruturas e outra a través das subvencións que recibe das Administracións publicas. Estamos ante un abuso máis das eléctricas por unha lexislación que non protexe aos consumidores senón que está feita á medidas das empresas, que obteñen beneficios de escándalo, denunciou.
De xeito inmediato, o Bloque propón que se apliquen sancións exemplares a Fenosa pola súa neglixente xestión e, ademais, o Goberno debe velar porque cumpra a lei e non nos ofreza un servizo de terceira categoría. A dirixente nacionalista expresou que non nós chega con que Fenosa poña anuncios desculpándose, queremos que haxa sancións, que cumpran co este país e poñerlle fin aos privilexios das eléctricas e ao espolio dos nosos recursos naturais.
Pontón considera que a Xunta ten responsabilidades directas e non é suficiente con abrir expedientes, ten que sancionar e obrigar á empresa a pagar polo danos causados e habilitar compensacións polas perdas dos apagóns. Feijóo cando estaba na oposición reclamaba axudas e agora que está no Goberno deixa á xente tirada, lamentou.
Ademais das consecuencias puntuais derivadas da pésima xestión de Fenosa, o BNG pon encima da mesa un debate de fondo que é o prezo da luz nun país que é produtor a esgalla de enerxía eléctrica sen obter ningún beneficio nin para empresas, nin para familias.
Non nos vale que o ministro diga que temos que acostumarnos a pagar a luz máis cara, non nos vale que a a alternativa de Rajoy sexa enchufar a Fernández de Mesa en Rede Eléctrica usando as portas xiratorias e non nos vale que Feijóo sexa o principal tampón para que teñamos unha tarifa eléctrica galega que suporía un aforro extraordinario na factura eléctrica, indicou Pontón.
Por iso, o BNG propón unha tarifa eléctrica galega que teña en conta a condición de produtor de Galiza para ofrecer un prezo xusto e, a segunda proposta concreta para abaratar a luz é baixar o IVE do 21 ao 4%, posto que estamos a falar dun ben de primeira necesidade, alegou Pontón. Medidas ás que se suma a aposta polas enerxías renovables e o autocosumo que está sendo penalizados polo Goberno central. Hai que ir a un cambio de modelo enerxético, concluíu.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.