Noticias

Fotoperiodistas gallegos documentan para una publicación de Catro Ventos la ruta de los refugiados en Europa

Cuatro fotoperiodistas (tres gallegos y uno vasco) documentan para la publicación "A ruta dos refuxiados" la situación de las personas desplazadas por los conflictos en países como Siria o Afganistán. A través de fotografías en blanco y negro, recogen la odisea de los refugados en su entrada en los campos de Lesbos o Idomeni, en Grecia, y hasta su llegada a países europeos como Alemania o Francia.

Nota de la editorial Catro Ventos:

Trátase dun libro de fotografías en branco e negro que documenta a ruta que seguen os refuxiados para entrar en Europa. A visión de catro fotógrafos que seguen aos refuxiados a través dos diferentes puntos nos que se van atopando a medida que avanzan na súa loita de chegar a un lugar mellor.

Esta obra é un esforzo por amosar o día a día dos milleiros de refuxiados que desde 2014 tratan de fuxir de países en guerra e a dureza que supuña unha ruta agora frustrada pola virada de costas dos dirixentes europeos e marcada por un peche de fronteiras que é a vergoña do vello continente.

O libro preséntase o martes 3 de xaneiro s 20.00 h terá lugar no café UF de Vigo.

R., 2017-01-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES