
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Vigo:
O rexedor trasladou a súa preocupación pola paralización da variante do AVE a Vigo por Cerdedo, proxecto "irrenunciable" para a cidade. Ante esta situación, Caballero contactará con axentes sociais e económicos para conseguir un pronunciamento unánime en defensa da conexión da cidade con Madrid a través da alta velocidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que iniciará unha rolda de contactos con empresarios, sindicatos e entidades sociais para "facerlles coñecedores de que Vigo se queda de novo sen AVE", tras constatar a "total falta de interese" de levar adiante o proxecto do novo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna. O rexedor amosou en rolda e prensa a súa "inmensa preocupación" e "alarma total" ao coñecer as declaracións do titular de Fomento ao respecto da conexión ferroviaria por alta velocidade entre Galicia e a Meseta. Caballero lembrou que a variante de Cerdedo leva "cinco anos coa tramitación paralizada e co informe de impacto ambiental sen concluír".
Caballero advertiu unha vez máis de que a alta velocidade ferroviaria é un proxecto "estratéxico e fundamental" para o desenvolvemento da cidade e polo tanto "irrenunciable". Ante esta situación, o rexedor trasladou a súa intención de que os contactos cos axentes sociais e económicos culminarán coa convocatoria do Consello Social da cidade na confianza de que se pronuncie de forma unánime esixindo ao Goberno de España que acelere a declaración de impacto ambiental da variante de Cerdedo e o proxecto de AVE directo entre Vigo, Ourense e Madrid.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.