Noticias

El Conjunto Histórico Artístico de Sargadelos acoge hasta el 20 de diciembre la exposición del caricaturista José María Cao Luaces

La exposición sobre lo caricaturista José María Cao Luaces remata su itinerancia en Ciervo, ayuntamiento natal del artista. El Conjunto Histórico Artístico de Sargadelos acoge hasta el 20 de diciembre la muestra con la que la Xunta de Galicia difunde la figura y la obra de este olvidado dibujante lucense, considerado el patriarca de la caricatura Argentina. El periodista Siro pronuncia la conferencia inaugural.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A exposición José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina, remata en Cervo, concello natal do artista, unha itinerancia que a levou desde o mes de maio de 2016 polas catro provincias galegas. Promovida pola Consellería de Cultura e Educación para dar a coñecer entre a cidadanía a obra deste esquecido artista lucense nado en Cervo en 1862, a mostra pecha o seu percorrido no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, onde será inaugurada o martes 29 de novembro, ás 18:00 horas, polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e polo alcalde do municipio, Alfonso Villares.

O acto contará coa participación do debuxante, pintor e xornalista Siro López Lorenzo ‘Siro’, que ofrecerá unha conferencia sobre este destacado artista de orixe lucense, escasamente coñecido en Galicia, que desenvolveu a súa traxectoria profesional principalmente en Arxentina, país ao que chegou con 25 anos.

Co fin de poñer en valor e de dar a coñecer entre a cidadanía a obra deste artista galego de prestixio internacional, a exposición reúne unha escolma de caricaturas de Cao Luaces a través das que se poñen de manifesto as distintas etapas polas que pasou o seu creador e que permiten admirar o talento e a habelencia dun debuxante galego que contribuíu decisivamente a que a ilustración arxentina eclosionase no final do século XIX e comezos do século XX.

Nos últimos meses, a exposición itinerante levou a obra deste excepcional artista, erixido como un dos grandes creadores do seu tempo, por toda Galicia, a través da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, da José Ángel Valente de Ourense, do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, da Biblioteca Pública de Lugo, da Casa da Cultura de Melide e mai da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés.

Nado en Cervo en 1862, Cao Luaces comezou traballando na fábrica de Sargadelos deste concello lucense. Con 25 anos emigrou a Buenos Aires. Alí, logo dunha amplísima e prolífica traxectoria en diferentes publicacións da capital porteña, entre finais do século XIX e inicios do XX, o artista galego acadará prestixio internacional e será recoñecido como “patriarca da caricatura arxentina”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2016-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES