
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O Grupo Popular defenderá no primeiro pleno da X lexislatura o mantemento dos empregos da empresa Ferroatlántica, así como que o Concello de Vigo realice as adaptacións tecnolóxicas necesarias para que os dispositivos de cobro do transporte urbano sexan compatibles coa tarxeta de transporte metropolitano de Galicia.
En primeiro lugar, Puy agradeceu o acordo xeral acadado por todos os grupos sobre cuestións pendentes para a posta en marcha do novo período de sesións. En concreto, informou que as sesións plenarias terán lugar os días 22-23 de novembro, 13-14 e 27-28 de decembro.
Ademais, acordouse o cupo de iniciativas que cada grupo terá nas sesións plenarias. No ámbito das interpelacións ao Goberno (tres en cada Pleno distribuídas entre os grupos da oposición de maneira proporcional ao número de escanos, coa salvedade de que o Grupo Popular podería introducir algunha a maiores), as proposicións non de lei (8 en cada Pleno, a razón de dúas para cada grupo parlamentario) e as preguntas ao Presidente (unha en cada sesión para cada grupo da oposición) non hai cambios respecto á anterior lexislatura.
A novidade reside no incremento do control ao Goberno galego para manter a proporcionalidade existente no Parlamento. Deste xeito, o Grupo Popular poderá presentar ata tres preguntas, mentres que os grupos de En Marea e socialista poden presentar alternativamente en cada Pleno tres ou dúas, e outras dúas por parte do BNG.
Respecto das iniciativas que o Grupo Popular incorporou no primeiro Pleno da lexislatura, Puy concretou que a través dunha proposición non de lei defendemos que calquera solución respecto da fábrica de Ferroatlántica nos concellos coruñeses de Cee e Dumbría ten que pasar polo mantemento ou mellora do emprego na comarca. Así mesmo, a iniciativa lembra que se cumpran as condicións recollidas na resolución administrativa pola que se autoriza a adquisición por esta empresa dos saltos do río Xallas e Grande, ao tempo que se manteña informados aos traballadores das intencións da empresa.
A segunda proposición non de lei do Grupo Popular solicita ao Concello de Vigo que leve a cabo, á maior brevidade posible e segundo as condicións acordadas no convenio de adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano, as adaptacións tecnolóxicas necesarias para que os dispositivos de cobro do transporte urbano sexan compatibles coa tarxeta de transporte metropolitano, de xeito que os veciños deste municipio e da súa área se poidan beneficiar de todos os descontos previstos.
O Grupo Popular tamén realizará dúas preguntas ao Goberno. A primeira, para coñecer a incidencia que está a ter o desenvolvemento do programa de vivendas baleiras posto en marcha pola Xunta de Galicia na pasada lexislatura; e a segunda, sobre a situación do ensino galego en canto ao desenvolvemento do presente curso 2016-2017.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.