El actor y director José Luis Gómez presenta en el auditorio de Galicia el texto de Valle-Inclán La Media Noche
El actor y director de la compañía madrileña Teatro de lana Abadía, José Luis Gómez, pondrá en escena el martes 8 de noviembre en el Auditorio de Galicia la imaginación imposible de Valle-Inclán en una obra poca conocida y profundamente innovadora, Lana Media Noche, en la que cuenta su visión como corresponsal en el bando aliado de la Primera Guerra Mundial (1914-1917).

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:
O Teatro de La Abadía é o creador deste espectáculo, titulado Valle-Inclán: visión estelar de un momento de guerra, no que se fía o texto de 1917 para respectar e representar o ideal soñado do autor, isto é, contar a alma descarnada dun autor que mira a terra dende a súa estrela, fóra do tempo e do espazo. Fará a presentación da obra o profesor da USC e director da Real Academia Española, Darío Villanueva.
Esta representación forma parte dos actos conmemorativos do 150 aniversario do nacemento de Ramón del Valle-Inclán (1866-1936) que organiza a Cátedra Valle-Inclán da USC.
As entradas están xa á venda na billeteira do Teatro Principal e poderán adquirirse o mesmo día da función no Auditorio de Galicia.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la USC
R., 2016-11-04
Actualidad

A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukuić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukuić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.

Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.
Notas
A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.