Noticias

Se presenta en Portugal la serie coproducida para TVG y RTP: Vidago Palace

Agadic subvenciona la serie gallego-portuguesa "Vidago Palace", que emitirán la TVG y la RTP. El hotel luso acoge las primeras semanas de rodaje de esta coproducción, bajo la dirección de Enrique Oliveira, que en Galicia tendrá como escenario el Couto Mixto con Jorge Coira como responsable de la segunda unidad. La gallega Portocabo y la portuguesa Hop Filmes promueven este trabajo conjunto.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O hotel Vidago Palace, en Portugal, acolleu a presentación da serie televisiva galego-portuguesa que leva o seu nome e onde se desenvolve unha parte da rodaxe. Un amplo equipo dos dous países grava desde inicios de mes esta coprodución da compañía galega Portocabo e a lusa HOP Filmes, en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e a Rádio e Televisão de Portugal (RTP). ‘Vidago Palace’ conta, ademais, cunha subvención da Consellería de Cultura e Educación a través do programa de axudas ao sector audiovisual convocado anualmente pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou nesta presentación xunto coa directora de TVG, Rosa Vilas; o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo; e os representantes de diferentes entidades portuguesas. Na súa intervención, incidiu na relevancia deste proxecto como exemplo do camiño que se debe seguir nas relacións entre as industrias audiovisuais de ambas as beiras do Miño. De feito, a posta en marcha da serie recibiu o impulso definitivo a raíz da participación de Portocabo e HOP Filmes no I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto do Cinema e do Audiovisual (ICA) do país veciño ao abeiro da pasada edición do Ourense Film Festival (Ouff).

Segundo explicou Sutil, a segunda edición deste foro bilateral terá lugar este mesmo sábado 29, de novo no marco do festival ourensán, co obxectivo de que as compañías galegas e lusas continúen estreitando lazos cara á posta en marcha de novos proxectos comúns como ‘Vidago Palace’.

Este é, así mesmo, un dos 16 novos títulos apoiados pola Agadic a través da última convocatoria se subvencións a producións e coproducións audiovisuais. Jacobo Sutil explicou que para acadar esta axuda, concedida na modalidade de longametraxes e miniseries de televisión, a proposta superou un proceso de concorrencia competitiva que tivo en conta aspectos relacionados coa súa calidade obxectiva, a súa relevancia cultural, a súa achega ao sector e á promoción do talento audiovisual galego e mesmo a súa viabilidade económica e comercial.

A representación artística e técnica de ambos os países neste traballo é practicamente paritaria, e tanto os espectadores galegos como os portugueses poderán gozar do seu resultado a partir do ano que vén coa súa emisión, en formato de mini-serie, a través de TVG e RTP. Así, a rodaxe desenvolverase ata o 25 de novembro en dúas localizacións principais: o propio hotel Vidago Palace, baixo a dirección do portugués Enrique Oliveira, e as terras fronteirizas do Couto Mixto, en Verín, co galego Jorge Coira como responsable de dirección desta segunda unidade.

Coira é tamén o xefe de montaxe e coguionista -xunto co propio Olveira, Araceli Gonda e Manuel Darriba- deste drama romántico, ambientado en agosto de 1936 arredor da historia de amor entre unha aristócrata portuguesa e o fillo do conserxe galego do hotel, co estalido da Guerra Civil como pano de fondo. No reparto de 30 actores e actrices, atópanse, así mesmo, os galegos David Seijo, Antonio Mourelos, Eva Fernández, David Novas, David Amor, Sheyla Fariña e José Antonio Touriñán, entre outros. Tamén figuran no equipo Ana Míguez e Alfonso Blanco na produción, Xavi Font na banda sonora e Antonio Pereira na dirección de arte.

Fotografía: CRTVG

R., 2016-10-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES