Noticias

Una nueva edición del Festival Amal ofrece cine euroárabe centrado en el papel de la mujer

La XIV Semana de Cine Euroárabe AMAL presenta 11 filmes del 24 al 29 de octubre de 2016 en el Auditorio Abanca de Santiago de Compostela. El papel de la mujer en sus diversas facetas ?mujer luchadora, trabajadora, madre? en la sociedad musulmana, y también en la sociedad europea, centra la práctica totalidad de las películas dirigidas también por mujeres.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

AMAL 2016 ofrece unha semana de cine euroárabe centrado no papel da muller, con producións de estrea e premiadas en festivais internacionais, que se poden ver no Auditorio de Abanca en Santiago de Compostela entre os días 24 e 29 de outubro.

A programación da décimo cuarta edición –que foi presentada en rolda de prensa polo presidente de la Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim; polo director do Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez, e polo secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo– inclúe un total de 11 filmes do cine árabe actual cos que lle achegar aquela cultura ao público galego, un cartel do que Anxo Lorenzo destacou “o seu interese e calidade, cunha oferta plural e variada que nos amosa a realidade social e política do mundo árabe, e á resulta difícil acceder a través das salas comercias”.

Nese sentido, o secretario xeral puxo en valor o papel de AMAL a prol do intercambio, do coñecemento mutuo e da tolerancia, co cine como linguaxe universal para favorecer a construción de pontes de diálogo e de entendemento entre culturas, ao tempo que enmarcou a Semana de Cine Euroábea nun trimestre da axenda cultural galega cun destacado protagonismo de programación de referencia no ámbito do audiovisual.

O papel da muller nas súas diversas facetas –muller loitadora, traballadora, nai– na sociedade musulmá, e tamén na sociedade europea, centra a práctica totalidade das películas, dirixidas moitas delas tamén por mulleres e máis da metade, financiadas por proxectos de crowfunding.

A inauguración do festival será o luns 24 de outubro ás 20:30 horas, coa proxección do filme ‘Ave María’ –de acceso gratuíto, previa retirada de entrada no despacho de billetes do Auditorio Abanca–, unha curtametraxe documental dirixida por Basil Khalil. O cineasta palestino, que asistirá ao acto de apertura xunto co guionista da cinta Daniel Yáñez, ofrecerá unha charla-coloquio pra comentar co público o tema da produción, presentada na 68ª edición do Festival de Cannes e nomeada para os Oscar á mellor curtametraxe.

As proxeccións poderanse ver ao longo da semana no Auditorio Abanca, cun primeiro pase ás 20:00 horas, cun custo de dous euros, e outro ás 22:00 horas, cun custo de tres euros), agás a proxección da última xornada, o sábado 29 de outubro, que será ás 12:00 horas e se poderá ver gratuitamente. Trátase do traballo ‘A viaxe de Ghada’, realizada por alumnos e alumnas do CEP Ventín de Milladoiro, en Ames.

Outros títulos destacables da programación son ’10 años y divorciada’, unha historia autobiográfica da directora de cine Yemení Khadijah Al-Salami; ‘Barakah meets Barakah’, a primeira comedia romántica de Arabia Saudita; ‘3.000 noches’, unha historia de maternidade na máis extrema das circunstancias dirixida por la directora palestina Mai Masri; e ‘Las aventuras del Príncipe Achmed’, conto animado alemán de 1926 da directora Lotte Reiniger, que será musicalizado en directo polo grupo vigués Caspervek Trío.

Promovido pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, AMAL preséntase este ano baixo o lema ‘Ama, loita, soña, AMAL’, inspirado nas palabras de Víctor Hugo na súa obra emblemática ‘Os miserables’, e coa imaxe “Zaga Mahmoud”, unha fotografía de Muhammed Muheisen, fotógrafo da axencia Associated Press, que reflicte unha nena siria refuxiada, da cidade de Deir o-Zour.

R., 2016-10-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES