Nota de prensa del Gabinete del Concello de Santiago de Compostela:
"Ao meu querido irmán Manolo, coa añoranza dos anos e a distancia". Esta dedicatoria nun manual de origami que Pablo Fidalgo Lareo atopa nun andel da súa casa é o inicio de Habrás de ir a la guerra que empieza hoy.
Preséntase o martes 11 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala Agustín Magán, no CSC de Santa Marta. Poden mercarse as entradas na billeteira do Teatro Principal no seu horario habitual e no propio centro sociocultural dende unha hora antes de que inicie o espectáculo a un prezo de 10 euros (cos descontos habituais do 50%). Ao remate do espectáculo haberá un encontro da compañía co público presente na sala.
O inicio dun proceso de reconstrución da historia da súa familia e de España, o inicio do encontro coa figura fascinante do seu tío bisavó Giordano Lareo: encarcerado durante a Guerra Civil, exiliado tras escapar "in extremis" da execución e tamén profesor, tradutor, tesoureiro da República no exilio, representante de Nestlé na Patagonia, inventor dun sofá-cama e autor do primeiro manual de papiroflexia de Arxentina. Nesta peza, que é ao mesmo tempo un encontro e un baile final, darase vida a Giordano Lareo. Arxentina, a terra do exilio, será o lugar onde prepararnos para a guerra, onde pór a salvo as ideas, onde educar a mirada para unha paisaxe infinita que nos acompañará até o final.
Fotografía: Gabinete del Concello de Santiago de Compostela
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.