Noticias

El pintor y escultor gallego Luis Caruncho fallece a los 87 años en Madrid

Nacido en A Coruña en 1929, Caruncho fue Medalla Castelao por su labor como pintor y escultor de proyección internacional y constituye una "referencia del arte gallego contemporáneo" por su pintura abstracta, en la que se conjuga geometría y sentido lúdico. La Xunta de Galicia muestra su pesar por el fallecimiento del artista gallego a los 87 años.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia expresa o seu profundo pésame polo pasamento de Luis Caruncho (A Coruña, 1929), un dos máis ilustres artistas galegos contemporáneos, que finou onte en Madrid aos 87 anos de idade.

Medalla Castelao polo seu labor como pintor e escultor de proxección internacional, Caruncho foi considerado un dos artistas que recuperaron a innovación e a vangarda da arte en España a finais dos anos 50. Ademais, a súa pintura abstracta -na que se conxuga xeometría e sentido lúdico- é unha referencia da arte galega contemporánea.

Precisamente no verán de 2016, a obra de Luis Caruncho foi protagonista dunha mostra colectiva na Casa da Parra impulsada pola Consellería de Cultura e Educación. Unha década antes, en 2004, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollera unha exposición antolóxica do artista coruñés. A súa obra tamén está representada en importantes coleccións como a de Afundación, a do Palacio de la Zarzuela (Madrid), a do Centro de Arte Reina Sofía (Madrid); a do Museo da Fundación Pilar e Joan Miró (Palma de Mallorca) ou a do mencionado CGAC en Santiago de Compostela), entre outras.

Ademais de recibir a Medalla Castelao, tamén foi nomeado membro de honra da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, e recibiu a Medalla de Artes Plásticas de Madrid e o Premio Nacional de Cultura.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2016-10-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES