La Universidad de Santiago ofrece un amplio programa de actividades en el Mes de Cervantes y Shakespeare
El lunes 3 de octubre se inaugura en el Salón Noble de Fonseca de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) un amplio programa de actividades con el que la Facultad de Filología conmemora el Mes de Cervantes y de Shakespeare, y que incluye lecturas dramatizadas, conferencias y danza.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:
O mes de Cervantes e Shakespeare en Filoloxía é un ciclo de actividades coas que a Facultade compostelá quere contribuír a conmemorar o centenario da morte dos dous autores. A iniciativa busca estender a actividade cultural da Facultade de Filoloxía compostelá máis alá das súas propias paredes e poder compartila con todo o público interesado e a cidade. O ciclo desenvolverase ao longo de outubro procurando salientar os vínculos artísticos ou históricos entre ambos escritores.
A xornada inaugural será o luns, 3 de outubro, coa conferencia de Luis Iglesias Feijoo ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca titulada El Quijote como libro e continuará ese mesmo día cunha presentación de sesións de traballo aberta a partir de textos dos dous autores no marco do Café de Linguas que organiza o Centro de Linguas Modernas da USC.
A Guerra das Rosas e a mitoloxía de Ricardo III son os temas que abordará en senllos seminarios (4 e 5 de outubro, respectivamente) o profesor Ashdown-Hill. Tamén está prevista o martes 4 ás 17.00 horas en Filoloxía unha lectura dramatizada co lema Os personaxes femininos de El Quijote e a residencia artística da Compañía Nelson Quinteiro Cabaret para realizar un laboratorio de creación escénica arredor das obras poéticas de Shakespeare e Cervantes e que terá a súa correspondente posta en escena o 6 de outubro ás 19.00 horas na Facultade.
O programa continuará cunha lectura dramatizada do acto IV de Ricardo III o día 11 e coa conferencia o día 17 do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, titulada Quixotismo e palomequismo. Ao día seguinte haberá oportunidade de participar na clase aberta da profesora M. Carmen Losada e no seminario de Berta Secall, incluído como actividade de formación do programa de doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura, que aborda a relación da danza na obras dos dous autores homenaxeados.
Xa o día 20 está prevista unha xornada de grupos de investigación do Departamento de Lingua e Literatura Inglesa sobre a época e Shakespeare, mentres que o día 24 o director da Real Academia da Lingua, o catedrático da USC Darío Villanueva, pronuncia a conferencia El Quijote e o dinamismo das imaxes e o 25 haberá no vestíbulo da Facultade de Filoloxía a lectura pública Shakespeare & Company.
A danza protagonizará a sesión do día 26 cunha performance polo corredores da Facultade e cunha clase dedicada aos autores. A conferencia do profesor da Universidade de Huelva Zenón Luis titulada Cardenio, o la memoria de Shakespeare porán o broche ao ciclo de actividades o día 27.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la USC
R., 2016-09-30
Actualidad

Galicia reforza por terceiro curso consecutivo o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos e achégase ao 65 %, máis de 15 puntos por riba da media de España, segundo os últimos datos oficiais que vén de publicar hoxe o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Deste xeito, Galicia segue sendo a comunidade autónoma onde máis familias poden acudir a unha escola infantil totalmente gratuíta. As cifras oficiais revelan que Galicia rexistrou no curso 2024-2025 unha taxa do 64,3 % de escolarización, máis de catro puntos por riba do 60,6 % acadado no período anterior. Esta porcentaxe mantén á comunidade ao nivel dos países con maiores índices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca.

No marco do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, vénse de activar o nivel 1 de alerta a diversas áreas da comunidade autónoma por episodio de calor. Meteogalicia informa que a partir da xornada do venres 27, as altas presións volverán localizarse ao norte da península Ibérica, achegando unha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana. Isto fará que as temperaturas experimenten significativos ascensos, tanto nos valores mínimos como nos máximos. Este ascenso de temperaturas comezará a notarse desde ese mesmo día, cando en moitos puntos de Galicia se superarán os 30ºC, e mesmo os 35ºC, en puntos do interior.
Notas
A Universidade de Santiago acolleu o acto de constitución da Rede Española de Filosofía da Intelixencia Artificial, que nace con vocación interdisciplinar e transversal ao integrar máis de cen investigadoras e investigadores de todo o Estado interesados nos aspectos ontolóxicos, conceptuais, epistemolóxicos, éticos, políticos e sociais da IA. A sesión constitutiva tivo lugar na propia Facultade, cuxo decano Xavier Donato é promotor desta iniciativa que fixará a súa sede en Compostela e que organizará o primeiro congreso nacional de filosofía da IA.
Do 26 ao 28 de setembro, o concello ourensán de Lobios acollerá o Xurés 2025, que aglutina a celebración do IV Seminario Internacional de Educación Social, a IV Convivencia Profesional e Interuniversitaria da Educación Social e o festival musical Xurés Son. A cita, o maior encontro internacional de profesionais da educación social, está promovida polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e coordinada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo.