Noticias

La investigación judicial del accidente del Alvia puede prolongarse hasta 2017. Las víctimas y familiares valoran que Bruselas analice la seguridad

El proceso judicial reabierto por la Audiencia Provincial de A Coruña a raíz de los recursos planteados por las víctimas y el abogado del maquinista, se prolongará como tope hasta el 6 de junio de 2017. Tras una reunión con el alcalde de Santiago, las víctimas y familiares valoraron como una "grata noticia" que Bruselas acepte analizar la seguridad ferroviaria en España.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de Santiago de Compostela:

O alcalde recibiu no Pazo de Raxoi a un grupo de representantes da Plataforma Vítimas do Tren Alvia 04155. O colectivo quixo agradecerlle a Martiño Noriega o feito de que o de Santiago fora o primeiro Concello en aceptar a moción que insta ao Goberno do Estado a abrir unha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois.

Este texto recibira luz verde no pleno ordinario do mes de abril, cos votos a favor de Compostela Aberta e BNG, e co apoio do PSOE a algúns dos puntos da moción. O PP ausentárase daquela sesión e non chegara a votar a proposta. A moción instaba ao Congreso a constituír unha comisión de investigación que esclarecera o acontecido o 24 de xullo de 2013, e ao Goberno do Estado a crear unha comisión de persoas técnicas para avaliar o accidente no que morreran 80 persoas.

No encontro, o alcalde reiterou o total apoio do conxunto da Corporación ás vítimas do Alvia, e defendeu que ademais das responsabilidades individuais no accidente "hai unhas responsabilidades colectivas que non foron depuradas nun pacto de silencio indigno". Martiño Noriega recoñeceu que Compostela "ten unha ferida aberta co sinistro do Alvia e é absolutamente solidaria coas reivindicacións da plataforma de vítimas, porque a ferida non se pechará ata que as responsabilidades colectivas non sexan depuradas". Na reunión, a Plataforma de Vítimas estivo representada por Esperanza Fernández, Álvaro García, Juan Besada, José Antonio Gayoso, Asunción Ferreiro e Jesús Naveiras.

R., 2016-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES