Noticias

La USC conmemora el Día das Letras Galegas y recuerda al Manuel María comprometido en la lucha antifranquista y en la literatura para todos

Juan Viaño, rector de la Universidade de Santiago de Compostela (USC), ha destacado la escritura "generosa y prolífica" de Manuel María, al que este año se dedica el Día das Letras Galegas, el 17 de mayo. Viaño valoró sus faceta como activista político "comprometido en la lucha antifranquista" y también su "afán de llegar a todos los públicos".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

“Un poema é un ser vivo/ que anda, respira, soña,/ chora, salouca, ama, berra, cala,/ centila e escurécese,/ fala coas cousas e coa xente.../”. Este versos conforman parte de ‘O poema’ incluído en Poemas da luz resucitada, un dos cadernos facsimilares de carácter inédito que conforman o volume co que a USC se suma un ano máis á conmemoración do Día das Letras Galegas, dedicado en 2016 ao poeta Manuel María, (Outeiro de Rei, Lugo, 1929-A Coruña, 2004). En palabras do reitor Juan Viaño, esta é “unha data viva, como a propia lingua que honramos hoxe” para coa que a Universidade ten “unha responsabilidade clara”, porque “o galego é, sen dúbida, a nosa achega máis consistente á cultura universal e cómpre que todos e todas teñamos claro a responsabilidade de cada un para lograr que siga sendo o mellor legado para os nosos fillos e para as nosas fillas”.

Presentado no transcurso dun acto literario que presidiu o reitor no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o libro Manuel María. Día das Letras Galegas 2016 recolle dous cadernos e nove debuxos inéditos que “mostran o traballo artesán dos seus versos, manuscritos, mecanoscritos, encadernacións e debuxos”, apunta na introdución a profesora de Literatura Galega Carmen Blanco, coordinadora da edición.

A propia profesora Carmen Blanco García, que pronunciou a conferencia ‘Será o amor a luz do mundo’, destacou de Manuel María a súa dimensión como artesán da palabra e da lingua ao tempo que lembrou de xeito anecdótico como o propio Manuel María dicía “con humor e retranca que escribía cando non tiña con quen falar”. A edición preparada para a conmemoración das Letras Galega deste ano busca presentar material singular e propoñer unha lectura crítica que permita descubrir facetas descoñecidas de Manuel María ao tempo que “nos achegamos á lingua”.

“O galego somos nós mesmos postos en palabras” afirmou pola súa banda o director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás, “un patrimonio inmaterial de toda a humanidade”. E dentro do propio contexto do acto lembrou que “o pobo galego a a lingua galega foron dos temas recorrentes” nas obra e na vida de Manuel María, poeta que a través da súa produción literaria sinala o idioma como “a chave coa que que abrimos o mundo”, ao que o profesor Cidrás engadiu a súa dimensión como “clave para comprendermos o universo”.

O volume presentado este venres en Fonseca fai “o número 47 dunha xeira que principiou a Universidade en 1970, cun humilde libriño sobre o señor de Vilancosta, don marcial Valladares, a quen aquel ano se dedicada a efeméride”, apuntou. Esta traxectoria representa “un fito do que ningunha outra institución se pode gabar, agás da propia Academia, organizadora do evento”.

Na sesión celebrada no Colexio de Fonseca, completaban a mesa presidencial o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López, e a vicerreitora de Servizos Culturais do Campus de Lugo, Carmen Silva Domínguez.

R., 2016-05-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES