
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura e Educación inaugurou a mostra Rexistros domesticados, da artista Marisa González, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), unha exposición que vén acompañada dunha conversa entre a propia artista e a comisaria da mostra, Rocío de la Villa, arredor do traballo da primeira. A obra, que ocupa a planta baixa do CGAC e poderá visitarse ata o 19 de xuño, foi presentada previamente no espazo Tabacalera Promoción del Arte en Madrid, organizada pola Subdirección Xeral de Promoción de Belas Artes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a comezos de 2015.
Marisa González (Bilbao, 1945) é unha artista multidisciplinar pioneira en España e no panorama internacional na aplicación das novas tecnoloxías da comunicación na creación artística. Comezou a traballar nos anos setenta abordando temas como a memoria e a arqueoloxía industrial, a reciclaxe e a ecoloxía, así como o feminismo ou a marxinalidade das minorías na aldea global.
Tras unha estadía en Estados Unidos, adquire inquedanzas como a loita polos dereitos civís, as diferenzas étnicas, de xénero ou orientación sexual, que provocarán unha transcendental pegada na concepción da obra e nos seus procesos creativos. Son constantes nas súas pezas o feminismo e a apropiación de tecnoloxías da información para cuestionar as canles de produción e de distribución da arte.
O seu ideario confórmase desde un contexto de posicionamento feminista e de oposición política á ditadura militar de Franco, sen esquecer a loita contra a situación das mulleres artistas en España ata as últimas décadas.
No comezo da súa traxectoria conforma un amplo repertorio visual, xerando centos de papeis únicos froito da experimentación con innovadoras manipulacións que xorden de fotografías tomadas na rúa cos protagonistas dos cambios sociais. Nesa época tamén atopamos recortes de periódicos, de revistas e a formulación de vídeo-instalacións.
Nunha segunda etapa, a finais do século XX, recolle as pegadas da memoria colectiva que fan referencia á desaparición da produción fabril, como sucedeu coa Central Eléctrica Mediodía ou do complexo do Matadero en Madrid, testemuñas videográficas e en formato fotografía que rexistran materiais salvados de derrubamentos ou lugares desmantelados. Todo isto a modo de almacéns afectados polo chamado mal de arquivo.
Na última etapa afonda no traballo de edición do material escolmado, e presenta formulacións de instalacións tecnoloxicamente menos sofisticadas pero máis directas, en conexión coas novas audiencias. Os temas céntranse na marxinación das mulleres baixo un sistema patriarcal, as contradicións dos valores da modernidade e o precario escenario da globalización, así como o patente desequilibrio ecolóxico.
O relato que se propón na mostra sostén unha unidade de fondo coas motivacións temáticas, técnicas ou formais que percorren a traxectoria da artista durante corenta e cinco anos, e preséntase agrupada en bloques temáticos como Sistemas Xenerativos, que contén traballos realizados coa primeira fotocopiadora en color do mundo 3M; ou Arqueoloxía industrial con pezas como Fábrica ou Lemoniz.
Fotografía: http://cgac.xunta.es/GL/exposicion-detalle/63/marisa_gonzalez_rexistros_domesticados_GAL#ad-image-0
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.