
A expectación é alta para o comezo do Festival Revenidas que por doceavo ano consecutivo encherá a pequena vila mariñeira de Vilaxoán en Vilagarcía a miles de persoas para disfrutar da sardiñada popular, actividades de balde para todos os públicos como maxia, circo, teatro, feira de creatividade ou pasarrúas, así como 26 concertos nos tres días de festival. Revenidas consolídase como unha das citas musicais do verán nas Rías Baixas.
Concertos, actividades de balde para todos os públicos, unha gran sardiñada popular e unha Gala Solidaria de Circo co Pobo Saharaui constitúen a máis completa, ambiciosa e internacional das propostas relizadas nas doce eidición deste festival.
En total 26 concertos con bandas de diversas procedencias (Galiza, Valencia, Euskadi, Madrid, Canada, Italia e Estados Unidos) e estilos (reggae, ska, rock, garage, punk, pop, electrónica, balcánica, swing, folque, pop, hardcore, rap e hip hop).
Entre os artistas presentes destacan os americanos S.O.J.A. varias veces nominados aos Gramy polos seus traballo e traxectoria que xa son un referente mundial do reggae. Será a primeira vez que están en Galicia. Banda Bassotti, La Raíz, Heredeiros, Los Chikos del Maíz, Zoo, Familia Caamagno, The Mahones, Terbutalina, Nao, Dakidarría ou Swindigentes, son algunhas das bandas que pasarán polos escenarios do porto de Vilaxoán.
O festival conta con dúas zonas de camping de balde para aquelas persoas que dispoñan dun bono, cuio venda por internet estará aberta ata a noite do xoves dende a web do festival: http://www.revenidas.com. A oferta do festival complétase coa Feira Revenida, na que a creatividade, artesanía e talento únense para achegar unha oferta da innovación actual en Galicia.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.