
A exposición audiovisual é froito da viaxe realizada polo fotógrafo Manuel Valcárcel e o músico Alexandre González a través de Italia, Francia, o norte de España e a Galicia xacobea, seguindo a mesma ruta que San Francisco percorreu en 1214 desde Asís a Compostela.
Durante a súa peregrinación, os autores amosáronse atentos á tradición cultural e á relixiosidade que impregna os lugares e os camiños a Santiago. Así, nas mostra pódense observar paisaxes culturais e espazos sacros ligados á orixe evanxélica da tradición cristiá sobre a que se asenta a mentalidade e a historia cultural dos pobos de Europa.
A exposición ofrece unha interpretación de gran beleza sobre o Camiño de Santiago, afondando no fenómeno da peregrinación. As claves principais deste feito histórico vivo os seus valores universais, o seu legado cultural, a súa capacidade para potenciar aspectos como a comprensión, o intercambio, a solidariedade, a hospitalidade están recollidas neste traballo destes dos artistas novos galegos que, asumindo o seu papel de peregrinos, souberon ver en camiños e santuarios a esencia dun fenómeno único.
Do do 3 ao 27 de setembro a mostra chegará ao Museu Nacional Soares dos Reis, na cidade de Porto.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.