
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou á Mostra de Olería de Buño como símbolo da capacidade galega para crear emprego e riqueza a través da fixación de postos de traballo no rural, o turismo, e a proxección internacional da imaxe de Galicia. Conde inaugurou a trixésimo segunda edición da Mostra da Olería, coa que Buño amosa o seu potencial artesán, recoñecido internacionalmente, e se converte durante uns días no foco turístico de toda a Costa da Morte, sinalou o conselleiro.
Conde defendeu esta cita obrigada para os profesionais e amantes da artesanía como un escaparate perfecto para o traballo dos artesáns oleiros, que destacou como moito máis que un oficio secular. Porque a artesanía, dixo Conde, ten permitido fixar poboación no medio rural, algo do que Bergantiños é testemuña, con 14 obradoiros de cerámica e olería, dos 71 enmarcados en Artesanía de Galicia, integrados entre as máis de 2.500 empresas e 5.100 traballadores do sector artesán galego, configurado como un compoñente fundamental do patrimonio cultural da nosa terra.
A esa importante labor responde, salientou, Plan de Artesanía de Galicia, que suma 5M para impulsar a comercialización da artesanía e impulsar a súa adaptación ás novas tendencias do mercado. Neste senso, adiantou a próxima convocatoria dunha nova orde de axudas á promoción comercial da artesanía galega, para axudar aos artesáns a que participen en feiras, que este ano a Xunta abrirá a Concellos e asociacións.
En todo ese traballo, sinalou Conde, é fundamental o labor que artesáns como os oleiros de Buño están a facer para impulsar a proxección internacional da artesanía galega e, con ela, de Galicia. O mercado da artesanía galega á Galicia, certo, pero tamén é o mundo, dixo o conselleiro, que destacou que un de cada cinco artesáns galegos está a vender os seus produtos nos mercados estranxeiros, e un 16% adicional dos artesáns da comunidade ten previsto vender no estranxeiro antes de 2018. Para consolidar esa corrente, un dos obxectivos da Xunta é precisamente reforzar e mellorar a presenza da artesanía noutros mercados. Neste senso, Conde subliñou que nos últimos anos a olería de Buño acompañou cada un dos pasos que a Xunta deu co fin de achegar a Artesanía de Galicia a novos mercados internacionais, participando nas feiras Formex, en Estocolmo; Tent London, en Londres; Galicia Pórtico Universal, en Hamburgo e Bos Aires; e LArtigiano in Fiera, en Milán.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.