
A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria despide ao mes de xullo con dúas grandes actuacións do Atardecer no Gaiás 2015: a banda británica Kolo e o primeiro dos dous concertos que ofrecerá a Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelio Groba. E o sábado, 1 de agosto, o ciclo de concertos ao aire libre da Cidade da Cultura chega ao seu ecuador cun dos imprescindibles da escena pop británica: Is Tropical.
Atardecer no Gaiás encara a recta final do seu primeiro mes traendo ata a praza central á banda británica-galega Kolo. Será o xoves, 30 de xullo, cando a praza central da Cidade da Cultura reciba a Steve Fuller (batería), Daniel Mourinho (baixo) e Jon Burnell (guitarra e voces), indie-rock británico en estado puro. Tras xirar polos mellores locais londinenses, Kolo chega ao Gaiás co seu terceiro disco baixo o brazo, Do you want to rule the world, producido en Nashville por Chris Henderson e con claras referencias de grandes bandas británicas como The Smiths ou Stereophonics.
O mes de xullo rematará cun dos clásicos de Atardecer no Gaiás: a primeira das dúas actuacións da Orquestra de Cámara Galega, que volve á Cidade da Cultura para seguir divulgando a música clásica menos habitual. Nesta ocasión, a formación dirixida por Rogelio Groba tráenos o programa Boas tardes Sr. Telemann, no que nos convidarán a descubrir un dos compositores máis prolíficos e interesantes da historia da música occidental: G.P. Telemann (1681-1767). O concerto terá lugar na Sala Eisenman.
E agosto comezará a ritmo do electro-pop bailable de Is Tropical, un dos imprescindibles da escena pop británica do momento. Cos seus potentes directos e o tirón de internet grazas en parte polos seus impactantes e imaxinativos videoclips, Is Tropical despregará toda a súa potencia na praza central a partir das 21:00 horas.
Último bus ás 22:45 horas
Todos os concertos de Atardecer no Gaiás son de balde e comezan ás 21:00. No caso de que o tempo non acompañe, as actuacións trasládanse á Sala Eisenman. E para os que non queiran perder nada dos concertos e non depender do coche, Tussa pon en marcha un servizo especial de bus urbano, cunha última baixada do Gaiás ás 22:45 horas.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.