A Feira do Libro Novo da Coruña celebra en 2015 a súa cuadraxésima cuarta edición cun completo programa que se desenvolve entre o dÃa 1 e o 10 do mes de agosto e que inclúe un total de 96 actividades nas que participarán destacados escritores e escritoras.
Os xardÃns de Méndez Núñez da cidade herculina volverán ser o escenario desta “cita de referencia na axenda cultural de Galicia”. Asà se referiu ao evento o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, esta mañá durante a rolda de prensa de presentación da nova edición da feira, “que constitúe a festa do libro máis vizosa de Galicia”. “Trátase –dixo– dun referente para os propios libreiros e editores, un encontro cultural no que o libro galego sae á rúa nesta cidade que cada verán comparte o seu espazo e o seu lecer con visitantes de todo o mundo”.
Na rolda de prensa, que tivo lugar na sede do concello da Coruña, tamén participaron o vicepresidente da Federación de LibrarÃas de Galicia, Xosé Antón Pedreira, e o concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande.
Labor constante das librarÃas
En relación á grande acollida coa que conta anualmente a feira, o secretario xeral fixo fincapé no “labor constante levado a cabo polas librarÃas da Coruña, xunto co “fértil traballo desenvolvido pola rede de bibliotecas públicas da cidade”. Entre elas, a Biblioteca Pública Miguel González Garcés, de xestión autonómica, volverá contar cun espazo propio na feira, a través do que lle achegará ao público os seus servizos e no que as persoas interesadas terán ocasión de realizar in situ o carné da biblioteca.
A apertura da feira, o 1 de agosto, ás 12:30 horas, contará co pregón de Mercedes Queixas Zas e mais coa actuación da Banda Municipal de Música da Coruña. A partir da tarde e ata o dÃa 10, os xardÃns de Méndez Núñez serán o escenario de numerosas presentacións e sinatura de libros, a cargo de escritores e escritoras como Manuel Rivas, Elena Gallego, César Antonio Molina, Xerardo Quintiá, MarÃa Solar, Xavier Alcalá, José Mejuto, Fran P. Lorenzo, Ledicia Costas, Manuel Blanco Desar, Antonio Reigosa, Alfredo Conde, Elena Galván e Suso Lista, entre outros.
O lema baixo o que se presentan as Feiras do Libro de Galicia 2015, ‘A historia en letrasÂ’, fai referencia ao homenaxeado este ano coas Letras Galegas pola Real Academia Galega, Xosé Filgueira Valverde. O autor tamén terá presenza na feira coa presentación da obra ‘Xosé Filgueira Valverde. BiografÃa intelectualÂ’ (Edicións Xerais), de Xesús Alonso Montero, que presentará o seu libro o 3 de agosto ás 21:15 horas.
Propostas para os máis novos
Tampouco faltarán na Coruña actividades para lles achegar aos máis novos o libro e a lectura. O espectáculo de maxia cómica ‘Leo LeÃñoÂ’, a cargo de Leonor RodrÃguez; o contacontos de Miguel Ãngel Alonso, a presentación do libro disco ‘Sira e o robot. Adventures on TitanÂ’, ‘A gramola gominolaÂ’, de Galaxia; ‘Chuches a milÂ’, con Fran Amil; o contacontos e actividade de ilustración con MarÃa Lado sobre o seu libro ‘Porque Cuqui non quere ir á lavadoraÂ’ ou ‘GatuxoÂ’, con MagÃn Blanco, son algunhas das propostas da feira para o público infantil.
Participantes
Berbiriana, Editores Coruñeses, El Faro de los Tres Mundos, IGN-CNIG, Espazo do Lector Nobel, LibrerÃa Cascanueces, M. Moleiro Editor, LibrarÃa Couceiro, Praza do Libro, Komic LibrerÃa, Ediciones del Viento/Reino de Cordelia, 7 Mares Libros, Brea, Edelvives-Tambre, Aenea, Santos Ochoa, Consorcio Editorial Galego, Nobel Burela, LibrarÃa Pedreira, LibrarÃa Cartabón, Luzes, Ãncora LibrarÃa, Hegar, Alita Comics, LibrerÃa Molist, A Serpe Edicións, LibrerÃa Arenas, Xiada, Nova Galicia Edicións, Ler Probra do Caramiñal, LibrerÃa Formatos, Siloé, LibrerÃa Roget, M. Couceiro LibrarÃas e Editorial Eneida participarán na nova edición da feira, que permanecerá aberta en horario de 11:00 a 14:00 horas pola mañá (agás na fin de semana, que se amplÃa ata as 14:30 horas) e de 18:00 a 22:00 horas.
Próximas citas co libro
Logo do seu paso pola Coruña, as Feiras do Libro de Galicia 2015, promovidas pola Federación de LibrarÃas de Galicia co apoio da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, chegarán tamén no mes de agosto aos concellos de Viveiro, do 13 ao 16; de Foz, do 20 ao 30; e mais de Monforte de Lemos, do 26 ao 29. As citas poden consultarse na Axenda de Cultura de Galicia, na páxina web www.cultura.gal.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.