
O ciclo Monumenta, difusión do patrimonio restaurado, da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra en 2015 a súa terceira edición cun completo programa de actividades e concertos en Ponte Caldelas, Noia, Lugo e Bande para se achegar, desde unha mirada pluridisciplinar, á riqueza e singularidade de monumentos e lugares históricos destas catro localidades.
A nova programación, que se desenvolve entre o 27 de agosto e o 5 de setembro, foi presentada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou como obxectivo principal da iniciativa o achegamento da cidadanÃa ao patrimonio histórico galego a través de diversas perspectivas, cun programa de actividades no que conflúen faladoiros e rutas con expertos en diferentes áreas, como a astronomÃa, a arqueoloxÃa, a arquitectura, a arte ou a xeografÃa, xunto con concertos de recoñecidos artistas e grupos galegos como son Talabarte TrÃo, LeilÃa, Odaiko e Rodrigo RomanÃ.
Traballo conxunto cos axentes locais
Respecto dos elementos definitorios do ciclo, Anxo Lorenzo salientou a coordinación e o traballo conxunto cos axentes locais, “co fin de dinamizar a actividade cultural nestas localidade e tamén a chegada de visitantes”. Ademais, agradeceu a colaboración dos expertos que participarán nas andainas e faladoiros como guÃas para coñecer o pasado e presente dos escenarios do ciclo e a relación coa súa contorna.
O claustro de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación en rolda de prensa do ciclo, na que tamén participaron o seu coordinador, Julio Gómez, e o músico Pedro Pascual, membro de Talabarte TrÃo.
Percorrido patrimonial polas catro provincias
Monumenta 2015 percorrerá as catro provincias galegas entre o 27 de agosto e o 5 de setembro. A primeira das citas celebrarase no xacemento arqueolóxico de Tourón (Ponte Caldelas), un dos complexos de arte rupestre ao aire libre máis singulares de Galicia. Ademais da visita ao centro de interpretación e o faladoiro de achegamento a este elemento patrimonial, o programa contempla unha visita guiada aos petróglifos. Neste caso a actuación musical correrá a cargo do grupo LeilÃa.
O ciclo chegará o 29 de agosto a Noia, cun percorrido guiado polo gótico mariñeiro desta vila coruñesa, no que se inclúe a igrexa de San Martiño. A xornada, que contará coa participación do xornalista e músico Xurxo Souto, rematará cun concerto na praza do Tapal de Talabarte TrÃo, co violÃn de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin GarcÃa.
A cita na provincia de Ourense terá lugar o 30 de agosto en Aquis Querquennis (Os Baños, Bande), e contará cunha visita ao centro de interpretación e unha visita guiada a este campamento romano. Odaiko será o encargado do programa musical da xornada, ofrecendo aos asistentes unha mostra da súa exploración da percusión tradicional galega.
A xornada de clausura de Monumenta 2015 será o 5 de setembro na igrexa de Santalla de Bóveda de Mera (Lugo), un dos monumentos prerrománicos máis senlleiros do occidente europeo. O concerto final correrá a cargo de Rodrigo RomanÃ, un dos músicos galegos máis destacados, membro fundador de Milladoiro.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.