
O segundo premio, dotado con 2.000 euros, foi para a obra "Spanische Akte (über Richter)", un traballo de pintura de Daniel Cerecedo Bretal, mentres que Marta López López conseguiu os 1.000 euros do terceiro premio coa obra "Picnic", una instalación.
Este certame, un dos más consolidados e prestixiosos de Galicia, ten dous accésits con 500 euros cada un, que foi para Marcos Jesús Covela Mira, pola súa obra Stock, e para unha pintura de Diego Benéitez Gómez, titulada Horizonte.
A esta XIII edición presentáronse máis de cen traballos de toda Galicia e de lugares como Madrid, Sevilla, Asturias, Málaga, San Sebastián, Barcelona ou Bilbao. O xurado estivo integrado por Xosé Manuel Buxán Bran, profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, crítico de arte e comisario de exposicións; Mercedes Rozas, crítica de arte e comisaria de exposicións; Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense; Ángel Cerviño, artista visual, comisario de exposicións e crítico de arte e Manuel Pérez Penín, pintor. Como secretario do xurado actuou Francisco José Cougil Hermida.
O certame complétase cunha exposición que se inaugurará no mes de setembro, onde se poderán ver as obras galardoadas e unha selección das obras presentadas a esta edición.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.