
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolveu a adxudicación de 185.000 euros en axudas a un total de 11 produtoras galegas independentes ao abeiro da convocatoria de subvencións de 2015 para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais. A través desta liña de apoio, contribuirase ao financiamento da fase de preprodución de oito novas longametraxes de ficción, unha documental e outra de animación 3D, asà como do piloto dun programa para televisión.
A contÃa adxudicada este ano, que rexistrou un incremento de 10.000 euros respecto do total concedido en 2014, distribúese entre os proxectos presentados por Abano Producións, Agallas Films, Alfonso de la Puente Vaquero, Danga Danga Audiovisuais, Ficción Producciones, Filomena 3D, Frida Films, Impulso TV Comunicación y Multimedia, Maruxiña Film Company, Pulsa Control Z e VÃa Láctea Filmes.
Liñas de apoio complementarias
A través desta liña de apoio, a Agadic busca impulsar a posta en marcha de novos tÃtulos audiovisuais galegos, acompañando as produtoras desde o mesmo momento en que comeza a preprodución dos seus próximos traballos. Xa de cara á súa posterior materialización e chegada ás pantallas, estas empresas teñen á súa disposición unha convocatoria autonómica de subvencións especÃfica para produción e coprodución audiovisual, que en 2015 se dotou con dous millóns de euros, asà como outros fondos estatais e europeos.
No caso das axudas a desenvolvemento, as contÃas adxudicadas este ano investiranse na adquisición de dereitos de autor, desenvolvemento de guións, asesoramento e actos xurÃdicos, deseño e realización de materiais promocionais, contratación de plans de márketing e participación en mercados e foros de coprodución e desenvolvemento de proxectos, asà como en gastos de persoal e de Seguridade Social dos guionistas e/ou directores, entre outros. Ademais, tal e como especifican as bases, o importe que recibirá cada unha das empresas subvencionadas será distribuÃdo entre as anualidades de 2015 e 2016.
ContÃas adxudicadas
As propostas adxudicatarias da convocatoria de 2015 corresponden a dúas das catro modalidades convocadas. Entre os tÃtulos subvencionados no apartado de longametraxes cinematográficas cunha duración igual ou superior aos 60 minutos, inclúense oito filmes de ficción: 'Ana y el futuro', de Frida Films, con 20.000 euros; 'As troitas cantan ao mencer', de Abano Produción, con 20.000 euros; 'O enigma de X', de Impulso TV Comunicación y Multimedia, con 20.000 euros; 'Debuxos animados', de Pulsa Control Z, con 19.609,76 euros; 'Ouro azul', de VÃa Láctea Filmes, con 19.093,23 euros; 'O Santa Isabel (o Titanic de Sálvora)', de Agallas Films, con 19.010,46 euros; 'Zara. O inicio dun imperio', de Ficción Producciones, con 18.276,42 euros; e 'O encontro', de Maruxiña Film Company, con 10.113,89 euros; a fita de animación en 3D 'O estraño ladrón de parques', de Filomena 3D, con 20.000 euros; e a documental 'Nela, el é Alén', de Alfonso de la Puente Vaquero, con 9.950 euros.
En canto aos produtos para televisión, apóiase con 8.946,24 euros o desenvolvemento de 'O TabernÃcola', proxecto presentado por Danga Danga Audiovisuais dentro da modalidade de pilotos de programas para televisión que destaquen por ofrecer formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.
A resolución desta convocatoria pode consultarse na páxina web da Agadic.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.