A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou a exposición Vía Iacobitana que acolle o Congreso dos Deputados dende hoxe ata o 1 de xullo.
Segundo explicou Nava Castro, no acto de inauguración, a exposición é unha nova expresión da creatividade contemporánea vinculada á cultura xacobea.
Varios fotógrafos galegos, transformados en eventuais peregrinos, percorreron as diversas rutas do Camiño de Santiago para mostrar a través das súas fotografías a súa particular visión e as sensacións persoais que lles suxire a ruta.
Á visión da paisaxe circundante e próxima, cambiante segundo a época do ano, o tempo e as variacións da luz, súmase a vivencia da propia peregrinación e ao legado cultural que atesoura, coa presenza de cada un dos camiños, do seu rico patrimonio histórico e dos peregrinos que cada ano percorren a Vía Iacobitana que lles conduce a Santiago de Galicia, explicou a directora de Turismo de Galicia.
Nava Castro sinalou que, a través da mostra, cada un destes artistas recolle nas súas imaxes, uns camiños vivos e moi vividos, plenos de evocacións e propostas. Rutas de peregrinación a Compostela ao alcance de todo aquel que se fai peregrino e desexa sentir unha experiencia milenaria, resaltou a responsable de Turismo da Xunta de Galicia.
Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia explicou que coas imaxes propostas por Vía Iacobitana evidénciase unha vez máis a multiforme esencia do Camiño de Santiago, o sentido xeneroso e aberto da peregrinación xacobea, así como, o seu inesgotable e imantador poder de sedución. A sensibilidade artística e a profesionalidade dos fotógrafos que participan na mostra, cativados polos potenciais e valores desta experiencia única, forxan un novo legado iconográfico que pasa a formar parte do legado xacobeo, un tesouro en permanente estado de recreación e renovación, sinalou Nava Castro.
Promoción e potenciación da cultura xacobea
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia resaltou que son miles as exposicións dedicadas ao Camiño ao longo do tempo que nos recordan que é un fenómeno vivo e eterno.
Neste senso, Nava Castro destacou o papel fundamental que xoga o feito de promover e potenciar a cultura xacobea na labor pola conservación e posta en valor do Camiño de Santiago.
O labor divulgativo xoga un papel vital para a preservación do Camiño de Santiago, afirmou a responsable de Turismo da Xunta.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.