Notas de prensa

Agadic e Culturgal colaboran nas actividades da 8ª Feira das Industrias Culturais

As dúas entidades asumen o compromiso para o establecemento de iniciativas que reforcen a acción cultural que se desenvolve en Galicia, conxugando o encontro profesional coa presentación, promoción e venda de bens e servizos culturais. Pretenden atender, deste xeito, ao fomento da demanda de produtos culturais na sociedade galega.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, asinaron na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, un convenio de colaboración polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 50.000 euros para a realización conxunta de actividades enmarcadas na vindeira oitava edición da Feira das Industrias Culturais.

As dúas entidades asumen deste xeito o compromiso para o establecemento de iniciativas que reforcen a acción cultural que se desenvolve en Galicia, conxugando o encontro profesional coa presentación, promoción e venda de bens e servizos culturais, atendendo así ao fomento da demanda de produtos culturais na sociedade galega.

Neste sentido, a organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, favorece a creación dun espazo onde as industrias culturais e creativas galegas poden presentar, difundir e vender os seus produtos e actividades co obxectivo da súa propia dinamización a través da cooperación e o apoio entre elas, ao tempo que se preservan e difunden a lingua e a cultura galegas nos eidos do libro, da creación audiovisual, das artes escénicas, da música, do deseño, da Internet e das novas tecnoloxías.

O obxecto concreto do convenio é o desenvolvemento de actividades culturais e profesionais no marco de Culturgal 2015, que terá lugar en Pontevedra do 4 ao 6 de decembro, mediante unha programación que contempla actuacións en directo de música e artes escénicas, presentación de produtos, proxectos e servizos, proxeccións audiovisuais, encontros entre profesionais e creadores e entre estes e o público asistente, ademais de debates, foros de opinión e obradoiros.

No documento asinado recoñécese, ademais, a Culturgal como o encontro galego de referencia para todos os axentes do sector cultural e como un espazo que, vertebrado sobre tres eixos (recinto feiral, foro e encontro profesional), posibilita intercambiar experiencias e idear novos proxectos de colaboración entre as industrias creativas galegas e con disciplinas doutros territorios.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-06-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES