Notas de prensa

O Fondo Bibliográfico e Documental de Abanca xa foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC)

Esta declaración de BIC garante a máxima protección integridade desta colección, así como a súa máxima unidade e o máximo control do seu uso subordinado a que non se poñan en perigo valores que aconsellan a súa conservación. Trátase dun fondo de 3.214 volumes aos que se sumarán próximamente outras dúas coleccións de arte.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, na rolda de prensa do Consello, a declaración definitiva como Ben de Interese Cultural do Fondo bibliográfico e documental de Abanca; garantindo deste xeito a máxima protección para o primeiro dos tres lotes nos que dividimos as coleccións artísticas que proveñen das antigas caixas.

“Hoxe declaramos BIC o Fondo bibliográfico e documental, que supón unha colección de 3.214 volumes, aos que se sumarán posteriormente outras dúas coleccións nas que estamos traballando, referidas á colección de arte”, dixo, ao que engadiu que esta declaración contou cos informes favorables da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e do Consello da Cultura Galega.

Sobre este punto, Feijóo aseverou que en ambos os dous casos sinalaron a conveniencia de que a información que conteñen poida ser consultada por investigadores e público en xeral, o que xa está garantido en virtude da cesión deste fondo bibliográfico da corporación bancaria á Biblioteca de Galicia.

“Podemos dicir, polo tanto, que completamos definitivamente e sen volta atrás o proceso para outorgar a máxima protección posible a un patrimonio valiosísimo: non só polo valor individual dalgunha das obras que reúne un total de 3.214 volumes, senón polo valor histórico e documental”, asegurou.

Máis polo miúdo, o responsable autonómico precisou que este fondo componse de: coleccións bibliográficas como os fondos de Economía, Incunables, Facsímiles e o Fondo histórico; así como dun Fondo documental de autógrafos que, por tratarse de manuscritos non incluídos en series documentais, poden asociarse aos fondos bibliográficos, pero que, en todo caso, deben considerarse coma un fondo único.

Entre eles, Feijóo destacou os preto de 500 volumes antigos e recentes do ámbito económico desde o século XVI; unha colección de 257 documentos autógrafos de diversos personaxes e autores galegos do talle de Daniel Rodríguez Castelao, Wenceslao Fernández Flórez, Santiago Casares Quiroga ou José Filgueira Valverde; e unha valiosa recompilación de 66 incunables, obras anteriores ao ano 1500 ou dese ano, referentes da cultura do libro europea e mundial.

Así mesmo, referiuse ao Fondo histórico, cun total de 2.350 volumes, que inclúe obras que van desde o século XVI ata principios do XX. Este fondo conta con abundantes obras do XVI e moitas do XVII, algunhas de gran valor, como o Xenofonte de Basilea, de 1545, un Ruscelli veneciano sobre a milicia, de 1583, ou o Quixote de Amberes, de 1697, así como multitude de obras de Virgilio, Ovidio, Homero, Boecio, Duns Scoto, Justino, Cicerón, Juan de Granada, Apiano, Dion Casio, San Atanasio e moitos outros.

“En definitiva, estamos ante un conxunto bibliográfico e documental que pola calidade das obras e polo alcance simbólico en Galicia, compre protexer”, asegurou, o presidente do Goberno galego.

Feijóo concluíu facendo fincapé en que con esta iniciativa queda garantida a máxima protección da colección; a súa máxima unidade, o que implica preservar a colección na súa integridade; e o máximo control do seu uso, que queda subordinado a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa conservación. ”É dicir, queda blindado con todas as garantías xurídicas que estamos ante uns valores culturais que merecen e que terán efectivamente o maior rango de protección que permite a lexislación de patrimonio cultural, co obxectivo fundamental de garantir a integridade das dúas coleccións e fomentar o seu disfrute polos cidadáns”, dixo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-06-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES