
O sábado día 6 de xuño*realizarase, como anticipo á ROMARÍA, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a FOLIADA, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunían para cantar, bailar e divertirse. Como todos estes anos contamos coa
presenza de grupos folclóricos de toda Galicia acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina interpretando pezas do noso repertorio tradicional para que poidan bailar nenas e nenos, mozos e maiores, xente de todas as idades que participan de forma moi activa na festa.
Será ás 19:00 h. cando comece a FOLIADA INFANTIL onde participarán
nenas e nenos de distintas agrupacións. Como novidade deste ano,
realizarase un obradoiro de baile para todo o público asistente e,
finalmente, bailarase unha muiñeira de conxunto. Tras o obradoiro,
comezará a *OLIADA DE ADULTOS, ás 21:00 h. No caso de estar interesados en participar na mesma deberanse anotar a través do correo electrónico da Asociación: [email protected]
Este evento inclúese na celebración da ROMARÍA DO LECER do *domingo 7 de xuño, que acada xa a súa décimo quinta edición. Durante todo o día
intentaremos recrear unha *verdadeira Romaría!* O programa inclúe a
actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido
durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos
de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas,
acordeón, guitarra...
Para as máis pequenas e pequenos contaremos con inchables e xogos
populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos,
diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar
durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira,
churrasco
A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta
Romaría coa que pretende recuperar o sabor de festa e lecer das antigas
romarías galegas. Desde Xacarandaina animamos a toda a xente da cidade e arredores a participar neste día, como un día de homenaxe participativo
ao folclore e cultura galegas, axudando deste xeito a que todas as coruñesas
e coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar
que se extingan.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.