Notas de prensa

O Festival Via Stellae pfrece 19 concertos de artistas galegos e europeos no seu 10º aniversario

A música antiga e barroca son as grandes protagonistas da nova edición do festival, que se celebrará na capital de Galicia do 29 de xuño ao 15 de xullo. A programación, que incorpora outras épocas e xéneros, abrirá co recoñecido compositor e pianista Uri Caine e rematará co ensemble Fuoco E Cenere.

O festival Via Stellae celebra a súa décima edición cunha programación especial que ofrece 19 concertos en espazos singulares da capital de Galicia entre o 29 de xuño e o 15 de xullo. A música antiga e barroca serán as grandes protagonistas desta nova edición, que foi presentada esta mañá polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola concelleira de Cultura en funcións do Concello de Santiago de Compostela, María Antón; e polo director-xerente do Auditorio de Galicia, Víctor Carou.

“A calidade, a variedade, a vitalidade e a novidade converten o Via Stellae nunha referencia musical imprescindible na axenda cultural de Galicia”, afirmou Anxo Lorenzo, quen destacou a consolidación o festival como “un referente do panorama musical”.

Este clásico do verán galego, organizado e promovido polo Concello de Santiago coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, desenvolverase un ano máis en diferentes escenarios composteláns, que van do Teatro Principal ao Salón Teatro, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Hostal dos Reis Católicos, o Paraninfo e Igrexa da Universidade, San Domingos de Bonaval, San Fiz de Solovio e a Capela da Orde Terceira.

Programación de calidade, variada e heteroxénea

Un ano máis, o Via Stellae ofrecerá unha programación variada e heteroxénea a cargo de recoñecidos intérpretes e agrupacións do panorama europeo, que comparten cartel cunha destacada participación galega, no marco dunha edición que terá como protagonistas a música antiga e barroca. E é que, sen esquecer outras épocas e xéneros musicais, o festival renderalles homenaxe a algúns dos máis grandes mestres do Barroco e da historia da música: a Bach, Haendel, Vivaldi, Mozart, Monteverdi e, aínda que menos coñecidos, a compositores tan influentes como Domenico Scarlatti, Tarquinio Merula ou Antonio Soler.

Con dúas propostas moi singulares e atractivas arranca e finaliza o Via Stellae 2015. Compositor, pianista e músico de jazz aplaudido arredor de todo o mundo, o norteamericano Uri Caine ofrecerá un concerto cuxos contidos se coñecerán a propia noite da inauguración do festival, no Teatro Principal. Neste mesmo escenario, Fuoco E Cenere, ensemble liderado por un creativo e imaxinativo Jay Bernfeld, pechará a programación do décimo aniversario conectando música de onte, iconografía de hoxe (creada en directo polo ilustrador Fred Bayle) e historias eternas de loita contra a opresión.

Entre un e outro concerto desenvolveranse outras 17 citas, nas que os músicos e artistas galegos contan cunha destacada presenza, entre os que se inclúen os pianistas Brais González e Pablo Seoane, o poeta Estevo Creus; Diego Ares, o cuarteto Gallaecia Antiqva, Roberto Oliveira ou o arpista Manuel Vilas, quen tamén dirixe Ars Atlántica.

Ãs ordes do seu director asociado Maximino Zumalave, a Real Filharmonía de Galicia tampouco faltará este ano á súa cita co festival, onde ofrecerá un intenso programa coas tres últimas e máis célebres sinfonías de Mozart que, se o tempo o permite, se celebrará nun dos patios do Hostal dos Reis Católicos, o Patio de San Xoán.

Achegas alternativas

Chegados de fóra de Galicia participarán no festival o Concerto Italiano e Rinaldo Alessandrini, La Galanía, Ana Maria Friman e John Potter, Manfredo Kraemer, Al Ayre Español e Eduardo López Banzo, Romina Basso, Ãmpetus Conjunto Barroco de Madrid e La Bellemont, entre outros. Ademais, o programa tamén contará, un ano máis, coa sección OFF#Stellae, a achega máis alternativa e que, cun total de seis propostas, terá como fío condutor a improvisación: outras músicas, outras visións, outros espazos etc.

Entradas

A entrada para 14 dos 19 concertos será de balde, previa retirada de invitacións no despacho do billetes do Teatro Principal, que estarán a disposición do público (cun máximo de 2 entradas por persoa e concerto) a partir do 11 de xuño. Se quedaran entradas o día do concerto poderán retirarse no propio recinto do mesmo desde unha hora antes de que comece. Os cinco concertos de pago (Uri Caine, Rinaldo/Ars Atlántica, Ãmpetus, Al Ayre Español e Fuoco E Cenere) teñen un prezo cada un de 6 euros e pode adquirirse un abono para os cinco por 20 euros. As entradas poden mercarse a partir do 2 de xuño en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Teatro Principal.

Colaboran co festival o Consorcio de Santiago, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura e da Agadic, a USC, o Hostal dos Reis católicos e o Arcebispado de Santiago.

Programacións de música clásica

Ademais do Via Stellae, a Secretaría Xeral de Cultura vén apoiando outras programacións locais de música clásica, entre as que se inclúen o Ciclo de Lied de Santiago de Compostela, O II Festival Groba converteu Ponteareas, o Festival Hércules Brass Celanova, o Festival Internacional de Pulso e Púa Cidade de Cristal e o Festival Internacional Peregrinos Musicais, dedicado á promoción dos novos talentos musicais galegos e rusos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (costadamorte-cdg.jpeg) Diferentes espazos singulares ao longo do litoral de Galicia serán o escenario dunha nova coprodución teatral do Centro Dramático Galego que, baixo o título Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, ten xa programadas 17 representacións entre os meses de xuño e xullo. A creadora Mariña Lestón asina a dramaturxia, dirección e produción desta montaxe, que ela mesma pon en escena para propoñer unha viaxe pola nosa historia marítima a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Desta volta, Costa da Morte, cartografía dun naufraxio busca poñer en valor o pasado marítimo de Galicia como parte dunha identidade propia, atopándose co público en faros, peiraos, praias e outros lugares de numerosas localidades costeiras.
Foto de la tercera plana (comercio-2.jpg) A campaña é froito da colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca. Ten como novidade esta edición -a maiores do sorteo das 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos- o sorteo en directo entre os asistentes á entrega de premios dun premio de 3.000 euros, para gastar nunha xornada de compras na localidade elexida pola persoa gañadora. Tamén co obxectivo de acadar un impacto directo sobre os comercios e o tecido asociativo de contornas máis locais, darase continuidade á campaña Merca no teu comercio.

Notas

Desde xuño de 2023, 15 socios de oito países, entre eles a Universidade de Vigo, levan a cabo con financiamento europeo o proxecto Saril. O seu obxectivo é mellorar a sostibilidade e a resiliencia das redes de infraestruturas e loxística da UE, desenvolvendo metodoloxías e ferramentas de xestión fronte a eventos disruptivos, como poden ser incendios ou ciberataques. Esta semana, os seus membros reúnense no campus de Ourense para facer balance do traballo feito e planificar o último ano de proxecto.
Para o período 2050-2095, as vagas de calor serán moito máis intensas e de maior extensión espacial. En concreto, prevese que o cambio medio na intensidade máxima das ondas de calor sexa do 144% con respecto ao intervalo 1971-2000. Ademais, a extensión espacial media destas vagas aumentará entre un 1% e un 2,7% por década, o que amplificará significativamente o risco de incendios, a demanda enerxética e a exposición humana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES