Notas de prensa

Uruguai importa o encontro de artistas novos Cidade da Cultura de Galicia, no Gaiás

El Centro Cultural de España en Montevideo celebra do 24 ao 28 de xuño a primeira edición en América Latina deste encontro para creadores emerxentes que arrancou en 2011 no Gaiás, en Santiago de Compostela. A cita galega, que se consolida cunha quinta edición, terá lugar en setembro como unha proposta formativa consolidada arredor da arte contemporánea.

Uruguai importa o Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura (EAN) promovido por Cultura e Educación e que desde setembro de 2011 se celebra no Gaiás co obxectivo de que creadores emerxentes dean a coñecer os seus traballos e debatan con outros axentes ao redor da arte contemporánea.

Neste 2015, o Centro Cultural de España en Montevideo, organismo de cooperación cultural que realiza a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (Aecid), decidiu trasladar a Uruguai esta iniciativa co obxectivo de promover a cultura española nese país e a cooperación coas industrias culturais locais.

Do 24 ao 28 de xuño terá lugar o primeiro EAN fóra das nosas fronteiras, no que un total de 40 creadores emerxentes (a metade deles uruguaios) convivirán durante catro días no Parque Vacacional de Agadu, localizado na Atlántida, onde poderán intercambiar experiencias e coñecementos. Ademais da presenza de artistas consolidados, os participantes contarán con quince minutos nos que poderán presentar ante o resto dos compañeiros e creadores convidados a súa proposta artística.

De entre os corenta participantes, elixirase un que viaxará en setembro ata Santiago de Compostela para participar no V EAN do Gaiás, cunha bolsa que outorgará a Asociación General de Autores de Uruguay (Agadu).

Deste xeito, Uruguai tomará o concepto e o formato da iniciativa da Cidade da Cultura, que prestará o seu apoio para promover un lugar de encontro, debate e exposición do traballo de artistas emerxentes. Ademais, esta primeira edición do EAN uruguaio contará coa aportación da ollada de dous artistas galegos que participaron no seu día en anteriores edicións do EAN no Gaiás: Jorge Perianes e Félix Fernández; ademais do seu director, Rafael Doctor, na figura de co-director.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-04-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES