
O venres 17 de abril, ás 19.00 horas, na Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (Chacabuco 947, Cidade de Bos Aires) realízase a presentación do libro de poesía "Remontar ou río".
"Remontar ou río" é unha peza singular (polo seu formato non tradicional e innovador) da poesía en Galicia, que contén os textos da recoñecida escritora Helena Villar Janeiro e as ilustracións da artista multidisciplinaria Luz Darriba. O libro é unha edición única e limitada de 500 exemplares numerados, que responde ás características de libro obxecto- artístico.
"Remontar ou río" é o último libro de poemas de Helena Villar Janeiro, nado da súa recente viaxe polo centro de Europa, nun percorrido en barco polo Danubio a contracorrente entre Budapest e Linz.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.