
O sábado 11 de abril, ás 8,30 do serán, actuou en Mondoñedo o grupo A QUENLLA, presentando o libro DESORBALLANDO OUTONOS, de Alfonso Blanco Torrado.
O libro, que se vende ao prezo de vinte euros, comprende un CD de A Quenlla, sobre textos de Díaz Castro e un dvd con XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, NIMBOS DE POESÍA, confeccionado por Ophiusa coa participación do poeta.
O próximo concerto hase celebrar en MONFORTE DE LEMOS o sábado, 18 de abril, na Casa da Cultura, ás 21,00 horas.
Fotografía: Raúl Río.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.