Notas de prensa

Yolanda Álvarez, Jesús Blasco de Avellaneda, Charlie Hebdo, Jordi Ébole e a PDLI, candidatos ao XI Premio José Couso

O prazo para as votacións que decidirán ao gañador do XI Premio José Couso de Liberdade de Prensa permanece aberto ata o 27 de abril, ás 19h, a través da web do Colexio de Xornalistas.

Ata as 19:00 horas do luns 27 de abril está aberto o prazo para que os
colexiados do CPXG e asociados do Club de Prensa de Ferrol elixan entre as
candidaturas que concorren este ano ao Premio José Couso de Liberdade de
Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
(CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’. As propostas desta XI Edición son Yolanda Álvarez, Jesús Blasco de Avellaneda, Charlie Hebdo, Jordi Évole e a Plataforma na Defensa da Liberdade de Información (PDLI).

O xurado, composto por todos os membros do Colexio Profesional de
Xornalistas de Galicia e os asociados do Club de Prensa de Ferrol, decidirá o gañador. Os colexiados e colexiadas do CPXG poden votar ata as 19:00 horas
do 27 de abril na intranet de www.xornalistas.com. Pola súa banda os socios e socias do Club de Prensa de Ferrol poderán facelo enviando un mail a [email protected].

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, 2015-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES