Notas de prensa

O Pazo de Xelmírez reúne unha escolma de arte europeo dos séculos XIII e XV

A exposicion “San Francisco e o seu tempo” enmárcase no VIII Centenario de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela e ilustra súa vida e os inicios da orde franciscana nunha achega ao século XIII no que se desenvolve o principal expoñente da arquitectura gótica civil en Galicia. A arca-relicario dos Mártires de Marrocos é unha das pezas máis significativas.

O venres, 27 de marzo, unha nova exposición enmarcada na conmemoración do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela abrirá as súas portas no Pazo de Xelmírez. Trátase da exposición “San Francisco e o seu tempo”, unha mostra organizada por Turismo de Galicia que reúne unha escolma de arte dos séculos XIII e XIV.

Dita exposición ilustra a vida de San Francisco e os inicios da orde franciscana nun achegamento ao século XIII no que se desenvolve e ubica o principal expoñente da arquitectura gótica civil en Galicia.

Os contidos da mostra, expresados a través da escultura, pintura, restos arquitectónicos, documentos e ourivería dos séculos XIII e XIV, dialogan cos espazos do Pazo de Xelmírez integrándose así o espazo expositivo como unha peza máis desta exposición.

A mostra conta con grandes pezas da cultura occidental chegadas desde Italia, Francia, Portugal, Castela e León, e Galicia: pintura mural, pintura sobre táboa, escultura en granito, pedra calcaria e madeira policromada, ourivería, documentos, manuscritos medievais, etc.

Deste xeito, este gran proxecto expositivo constitúe un gran esforzo para amosar o espírito franciscano en harmonía co xacobeo, a lembranza de San Francisco e os seus irmáns no Camiño de Santiago, e a evocación da ruta de peregrinación a Compostela na Baixa Idade Media, no tempo do santo de Asís.

“San Francisco e o seu tempo” converterá así a Santiago de Compostela, unha vez máis, no epicentro artístico e cultural.

A arca-relicario dos Mártires de Marrocos

A arca-relicario dos Mártires de Marrocos é unha das pezas máis significativas da exposición "San Francisco e o seu Tempo". Procedente do Mosteiro de Santa María de Lorvâo, consérvase dende a desamortización no Museo Nacional Machado de Castro.

A peza goza da máxima consideración do Estado portugués, polo que está considerada Patrimonio Nacional.

Esta arca, que constitúe un exemplo de escultura tumular, abre o capítulo da escultura gótica, constituíndo o mais antigo documento iconográfico que testemuña o culto aos cinco mártires franciscanos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-03-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES