
Trátase dun espectáculo dirixido a público familiar, recomendado a partir dos 4 anos, escrito por Marina López e Fran Otero, que forman parte do elenco xunto a Manuel Solla. Ten unha duración de 55 minutos.
Uxío no país de Patadecabra é unha obra de maxia, teatro e monicreques protagonizada por un rapaz de 7 anos, Uxío, cuxo soño é converterse nun gran mago. A súa familia é moi humilde e o seu único xoguete é un libro cheo de emocionantes historias sobre o país fantástico: Patadecabra.
As entradas están á venda ata este xoves, 19 de marzo, ás 13h na web www.culturatui.info ou o propio xoves dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5 e 2,5.
Expresión Produccións con Uxío no país de Patadecabra
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Data: Xoves, 19 de marzo, ás 20h
Venda de entradas: ata o xoves, 19 de marzo, ás 13h na web www.culturatui.info ou o propio xoves dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5 e 2,5.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.