Notas de prensa

Antón Sobral trae o mar a Ourense coa exposición: Bitácora dun mariñeiro sentimental

“Eu sempre pintei paisaxes pero, sobre todo, o mar, porque o mar ten horizonte, o mar prodúceme acougo e tranquilidade, incluso ese mar bravo que peta contra as rochas, a min dame unha paz interior”.

Así se expresou o artista pontevedrés Antón Sobral, na presentación da exposición “Bitácora dun mariñeiro sentimental” que esta tarde inaugúrase no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación. Sobral, que lembrou a súa amizade dende tempos da universidade co propio Marcos Valcárcel, dixo sentir unha honra especial por poder amosar o seu traballo nun centro que leve o nome do seu amigo despois de ter nás súas costas máis de 200 exposicións en lugares tan senlleiros como París, Milán, Viena ou New York.

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, coincidíu co autor nesa relación mútua co mar, ate o punto de lembrar a súa etapa de formación como médico en Plasencia e como se achegaba ate o río Tajo “porque era o máis parecido ao mar que podía ver” e fixo especial mención a que un artista tan cosmopolita como Sobral escollera este lugar do interior de Galicia para amosar a súa obra.

O director do centro cultural, Francisco González, aludíu á profesionalidade de Antón Sobral e á honra que para o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” supón traer a un artista da súa trayectoria profesional.

A mostra, que estará aberta ate o vindeiro día 5 de abril, inclúe óleos, fotografía, poesía, vídeo e libro de artista.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2015-02-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES