Notas de prensa

O BNG pide explicacións á Xunta polo gasto dun videoclip con Enrique Iglesias

O grupo parlamentario do BNG pide á Xunta que explique o contrato polo que se pagarán máis de 300.000 euros a unha produtora para a gravación dun vídeo sobre a música galega co cantante Enrique Iglesias. O BNG califica esta acción de "despilfarro" e "desprezo cara a cultura propia".

A Xunta de Galiza ven de publicar o contrato polo que se pagarán 302.500 euros á unha produtora para gravar un vídeo do cantante Enrique Iglesias. En teoría trátase dunha actuación para a promoción do turismo de Galiza, mais na práctica constitúe un despilfarro en toda regra e unha burla á cultura galega.

Para o Grupo Parlamentar do BNG esta actuación é un despilfarro e unha mostra de desprezo da Xunta cara a cultura propia. Polo dito formulamos a seguinte proposición non de lei para seu debate en Pleno/Comisión:

O Parlamento insta á Xunta de Galiza a cancelar o contrato en virtude do cal se lle conceden 302.500 euros á gravación dun videoclip de Enrique Iglesias e que destine esta cantidade a apoiar as creacións culturais galegas.

Fotografía: http://www.enriqueiglesias.com/photo/thank-you-newark-dc-see-you-tonight?context=featured

Gabinete de Comunicación do BNG, 2015-02-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES