A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou a sede de Nova Galicia Edicións, en Vigo, con motivo dos novos proxectos da editorial no ámbito da proxección exterior. O esforzo realizado por Nova Galicia no seu proceso de internacionalización acaba de recibir un novo impulso, xa que a Secretaría de Educación Pública (SEP) de México seleccionou do seu catálogo infantil e xuvenil 14 títulos para a súa incorporación ás bibliotecas de aula dos centros de ensino público de todo o país.
O director de Nova Galicia, Carlos del Pulgar, e o distribuidor da editorial galega en México, Roger Grasa que se atopa estes días en Galicia para a xestión do proxectoinformaron a Anxo Lorenzo do proceso que están a levar a cabo para a edición e distribución dos 14 títulos que se incorporarán nos próximos meses ás Bibliotecas de Apoio de México, dentro do novo Plan Escolar do Programa de Escolas de Tempo Completo promovido pola SEP co obxectivo de favorecer unha cultura de aprecio polo libro e pola lectura que redunde nunha educación de calidade para todos.
As feiras do libro, novas oportunidades no exterior
Nova Galicia Edicións leva exportando libros desde 1997 a países como China, Taiwán, Suráfrica, México, Irán ou Porto Rico e participa cada ano nas principais feiras do libro de todo o mundo. A presenza nestes eventos culturais facilítalle ao sector editorial galego a oportunidade de explorar novas vías de internacionalización da súa produción editorial a través da venda de dereitos ou de libros producidos ou mesmo de acordos con outros axentes locais que abre novas opcións de acceso a licitacións públicas de edición noutros países. Por iso, a Consellería de Cultura e Educación vén apoiando a participación da industria editorial galega nas feiras do libro de Guadalaxara (en México), de Buenos Aires, de Frankfurt e de Boloña.
14 títulos galegos entre 200 seleccionados
A adquisición por parte da SEP de México deste 14 títulos de Nova Galicia Edicións constitúe un novo paso neste camiño da internacionalización. Esta selección supón un pulo relevante para a difusión destas obras entre as lectoras e os lectores mexicanos, xa que a SEP coeditará estes títulos con tiraxes de milleiros de exemplares. Nesta convocatoria presentáronse arredor duns 10.000 títulos diferentes, de entre os que quedaron seleccionados aproximadamente uns 200, e deles, 14 pertencen a Nova Galicia Edicións.
Trece dos títulos seleccionados forman parte das coleccións Que me dis de
e Saber para vivir, dúas obras de referencia onde todos os temas son tratados desde unha visión positiva co fin de informar e formar os seus lectores. Trátase de dúas series de libros que resultan de lectura doada para mozos e adultos e que poden ser empregadas como obras de consulta por pais e nais, e profesorado.
A outra obra é A nena á que non deixaban ser feliz, unha historia escrita por Miguel Ángel Alonso e ilustrada por Luz Beloso que se inclúe na colección Contos de mamá, na que se procura abrir un mundo de fantasía para os máis pequenos para que gocen a través da lectura.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.