Notas de prensa

María del Rocío Rodríguez López promove unha mostra fotográfica en Monforte sobre a cultura e as tradicións nas aldeas galegas

A mostra pode visitarse na Casa da Cultura de Monforte de Lemos (Lugo) durante a última semana de xaneiro de 2015, entre as 9 e as 13.30h, e de 16 a 21 horas.

Coincidindo co décimo cabodano da posta en marcha da plataforma dixital “Aldeas Galegas e as súas Tradicións”, preséntase unha mostra impresa de páxinas con fotografías dalgúns dos eventos que se celebraron nestes anos. A autora da mostra recompilou imaxes de tradicións, feiras, oficios e costumes en diferentes vilas e aldeas galegas.

Entre as imaxes recollidas pola autora para esta plataforma online ó longo dunha década, destacan as do mundo rural, tales como as que forman parte da súa particular guía anual da horta galega, da tradición da matanza do porco ou do Entroido. Outras reflicten eventos públicos como feiras e festas do viño, do polbo, da augardente, do aceite …

A mostra, que pode visitarse na Casa da Cultura monfortina durante a última semana de xaneiro en horario de 9 a 13.30 ede 16 a 21:00 h, está organizada por iniciativa de María del Rocío Rodríguez López (Peruchela) e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

María del Rocío Rodríguez López, 2015-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES