
En Lugo, a vintedous de xaneiro de 2015, reúnese o xurado do XXXIX CERTAME XORNALÍSTICO Begonte o Nadal, convocado polo centro cultural José Domínguez Guizán, formado por: JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; JESÚS DOMINGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro Cultural convocante; XESUS MATO MATO, escritor; BLANCA PACÍN SOMOZA, Bibliotecaria; XULIO XIZ, escritor, e secretario, no nome do centro cultural, sen voz nen voto, JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ. Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:
Conceder o Premio Begonte de Xornalismo, dotado con 600 e estatuíña de Sargadelos a EL LIBRO DE BEGONTE, publicado en Galicia Digital y O Sil, por José Reinaldo Pol (Pepe Pol), de Quiroga.
Segundo premio, dotado con 300 e estatuíña de Sargadelos, ao traballo VARELA Y EL BELÉN DE BEGONTE, publicado en Galicia Digital por Beatriz Valcárcel Gómez, de Lugo.
Pola calidade dos traballos, o xurado acorda conceder cadansúa Mención de honra dotada con estatuíña de Sargadelos aos traballos:
- LA MAGIA DEL PESCADOR, de Pablo Núñez, de Lugo, publicado no xornal en La Voz de Galicia.
- PRATO PRINCIPAL: SOLIDARIEDADE CON GUARNICIÓN DE NADAL, de Ruth Fernández Fernández, de Lugo, publicado en Galicia Hoxe.
- O BELÉN DE BEGONTE: UN CURRUNCHO DE LUZ, de Xosé Román Escourido Basanta, de Viveiro.
Os premios serán entregados o 31 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura de O NADAL DE BEGONTE.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.