
En Begonte, reuníuse o xurado do XXXIX CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, formado por XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO, escritor; JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZAN, presidente do Centro Cultural convocante, e XULIO GIZ RAMIL, xornalista, vicepresidente, que acordan por unanimidade emitir o seguinte fallo:
Conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600 e estatuiña de Sargadelos ao poema DENDE VALVERDE A BEGONTE, presentado co lema O REINO, do que resultou ser autor XOSÉ OTERO CANTO, nado en Ponte de Outeiro-Castro de Rei, veciño de Lugo.
Adxudicar o Segundo Premio, dotado con 300 e estatuíña de Sargadelos, ao poema O BELÉN ERA UN CLAMOR, presentado baixo o lema O TEMONEIRO DA PATEIRA, do que é autor CARLOS LÓPEZ FERNÁNDEZ, natural do Ferrol e veciño de Lugo.
Os premios serán entregados o 31 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura da XLIII edición de O NADAL EN BEGONTE,.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.