A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugura a segunda edición do ‘Ciclo de cinema no CGAC´, que dura do 15 de xaneiro ao 27 de marzo, e que está dedicada ao brillante inicio e á desaparición do chamado Novo Hollywood. O ciclo, de entrada gratuÃta, proxectarase en versión orixinal subtitulada en castelán. Entre as 22 pelÃculas seleccionadas atópanse filmes como Fat City de John Huston, Sisters de Brian de Palma, Fedora de Billy Wilder e HeavenÂ’s Gate de Michael Cimino, que poderán visionarse os xoves e os venres as 20.30 h no auditorio do CGAC.
O ciclo, titulado “Cando Tiburón devorou o cinema:Ascenso e caÃa do novo Hollywood”, e dirixido polo crÃtico José Luis Losa, reune pelÃculas deste breve perÃodo que abrangue a década dos setenta e os primeiros anos oitenta, momento no que o panorama polÃtico, social e cinematográfico americano cambia significativamente a súa tendencia.
Dentro do ciclo haberá varias sesións especiais. O venres 13 de febreiro, coincidindo co black nigth teremos sesión doble de cinema con temática de terror. O xoves 19, ademais da proxección correspondente, convidamos ao crÃtico e escritor Carlos Losilla para reflexionar sobre o cinema da época. E o venres 20, haberá outra oportunidade para asistir a unha doble sesión cinematográfica.
Un movemento de protesta contra o sistema
A finais dos anos sesenta un grupo de cineastas como Francis Ford Coppola, Martin Scorsese e Denis Hopper imbuidos no espÃrito contracultural do maio do 68, conseguen chegar ao grande público desde os máis importantes estudos cinematográficos. Influidos polo neorrealismo italiano e a Nouvelle vague abordan sen tapuxos temas até entón tabú como a violencia explÃcita, a sexualidade, os problemas sociais... Cuestionan piares sagrados como o Estado e a familia e evocan movementos protesta contra o sistema acompañando, moitas veces as súas pelÃculas, con bandas sonoras de músicos afins a estes ideais como Bob Dylan, Simon e Garfunkel, The Doors e os Rolling Stones.
Como reflexo da inseguridade e do descrédito no sistema que provocou a Guerra do Vietnam e o caso Watergate, o Novo Hollywood revisa xéneros clásicos americanos como o western con autores com Sam Peckimpah, John Carpenter no thriller, ou Woody Allen na comedia. Os cineastas abandonan os platós para rodar en exteriores cun estilo case documental. Aspiran a mostrar unha visión realista dos individuos, dos sus problemas e dos seus contextos. Os protagonistas dos filmes deixan de ser heroes e comezan ser homes e mulleres cuxas historias terminan en fracaso vencidos polo sistema. Son interpretados por actores como Robert de Niro, Jack Nicholson ou Dustin Hoffman que se alonxan do glamaour dos seus predecesores e dos cánones estéticos das antigas estrelas.
Declive e reorientación
A principios dos oitenta, tras o final da guerra do Vietnam e do triunfo de Reagan sobre Carter, o poder e o propio público de masas demandan pelÃculas lixeiras con final feliz.
Os fracasos comerciais e a megalomanÃa dos realizadores do Novo Hollywood abócaos ao declive e os estudos reorientan de xeito radical o seu modo de producir. A aparición de Steven Spielberg e George Lucas, que sentan as bases do blockbuster desterra definitivamente ao escéptico e crÃtico Novo Hollywood.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.