Notas de prensa

A segunda entrega sobre a represión e resistencia á ditadura, nunha exposición e tres conferencias

A segunda entrega da análise da represión e a resistencia durante os 40 anos de ditadura chega en xaneiro cunha exposición e tres conferencias. Na mostra, que pode visitarse no salón de exposicións do Pazo de San Marcos do 22 de xaneiro ao 27 de febreiro, amósase un amplo abano de documentos, obxectos e unha cova na que se esconderon guerrilleiros.

O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou no refectorio do Museo Provincial de Lugo na presentación da exposición e do segundo ciclo de conferencias sobre a ditadura franquista. Acompañárono os dous comisarios da exposición, Antón Somoza e Antón Grande.

Baixo o título ‘A ditadura franquista: 40 anos de represión e resistenciaÂ’, esta segunda parte contará tres novas conferencias e unha exposición que contará con abundante documentación e obxectos doados por diferentes asociacións e particulares. “A Ãrea de Cultura da Deputación de Lugo é consciente da necesidade de traballar dende distintas temáticas as catro décadas de ditadura franquista. 40 anos de represión e resistencia que se analizaron en tres conferencias realizadas durante o mes de decembro no Museo Provincial de Lugo e que teñen continuidade no 2015 con táboas redondas, vídeo-foros ou relatorios”, salientou Mario Outeiro. Todas estas actividades serán de entrada gratuíta.

O primeiro acto terá lugar este mesmo mércores, a partir das 20 horas, no refectorio do Museo Provincial de Lugo. Alí falará Carlos Pereira Martínez sobre ‘A represión da masonería galega durante o franquismo’. “Carlos Pereira é o xefe dos masóns da Coruña, que é a asociación de masóns máis importante de Galicia, e penso que é unha das persoas que mellor pode falar da represión sobre a masonería, un tema que sempre permaneceu un pouco oculto”, indicou Antón Grande.

A mostra, un espectro moi grande destes 40 anos

Para o xoves 22 de xaneiro está prevista a inauguración da exposición ’40 anos de represión e resistencia’, que poderá ser visitada de xeito gratuíto no Salón de Exposicións do Pazo de San Marcos ata o vindeiro 27 de febreiro. “Nesta exposición haberá un amplo número de documentos, folletos, cartas de amor e incluso o reloxo que levaba un dos dirixentes das guerrillas cando foi fusilado. Será un espectro moi grande destes 40 anos de loita e resistencia”, explicou Antón Grande, que tamén avanzou que na mostra se incluirá “un detalle curioso e bonito como a recreación dunha cova na que se refuxiaban os guerrilleiros baseada en planos reais, que tamén figuran dentro da exposición. É unha cova que había nunha casa de Paradela e que foi tirada cando se aumentou a estrada”, sinalou.

Pola súa banda, Antón Somoza confirmou que durante a inauguración vai haber “unha actuación do grupo de teatro ‘Daboapipa’, que é unha compañía que fai teatro infantil e ten unha peza dedicada á temática da represión franquista”, afirmou. Así mesmo, valorou que esta mostra “pretende evidenciar que a persecución que o franquismo emprendeu contra aqueles que se opuxeron ao réxime comezou xa dende o primeiro momento, xusto no golpe de Estado, e foi incluso máis aló da morte do ditador”.

Tres bloques

Somoza manifestou que a exposición se divide en tres bloques. “No bloque inicial vaise analizar a represión franquista, dende os primeiros mortos nas cunetas ata as causas militares, os fuxidos e as persoas que se ocultaban nas paredes da súa casa e eran coñecidas como toupas”, afirmou. Somoza fixo referencia a “un caso paradigmático na nosa provincia, o do militante da CNT Manolo Becerra, que traballaba nas minas de Ponferrada e que se ocultou na súa casa das Nogais durante os 40 anos de franquismo”, destacou.

Outro bloque importante estará dedicado á “guerrilla e a actividade clandestina das organizacións antifranquistas, sometidas á represión do réxime. Xa existían nos anos 40 e 50, pero fixéronse sobre todo máis presentes a partir dos anos 60. Imos ter documentacións de todas esas organizacións e información sobre os feitos relacionados con toda esa loita antifranquista”, comentou.

En terceiro lugar, Somoza sinalou que “vai haber un espazo dedicado aos recursos multimedia na medida de que somos coñecedores de que hai moitos documentais e algunha película de época como a que nos cedeu Carlos Portomeñe, que se editara en Cuba sobre o asasinato de Gayoso e Seoane, dirixentes do Partido Comunista e da guerrilla no ano 48 e que foron sentenciados a pena de morte”.

Antón Somoza quixo agradecer a cesión de documentación e obxectos. “A exposición non sería posible sen a cesión e colaboración de distintas entidades e partidarios que nos cederon documentos e outras que nos deixaron fotocopiar os orixinais. Entre elas están a Fundación 10 de marzo, a Fundación Bautista Ãlvarez de Estudos Nacionalistas, a Fundación Penzol de Vigo e o Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces. E logo tamén persoas a título individual como Carlos Portomeñe, Carlos Dafonte, o propio comisario Antón Grande, Javier Rivera, Santos Costa e Manuel Costa”, concluíu.

O papel dos guerrilleiros e das mulleres na loita antifranquista

Finalmente, Somoza falou sobre as dúas conferencias incluídas dentro desta segunda parte, que terá continuidade en febreiro cun novo ciclo: “Celebraranse o mércores 28 e o xoves 29 de xaneiro. O 28 teremos con nós ao coñecido guerrilleiro antifranquista da zona de Valdeorras Francisco Martínez López, Quico, que no seu día fuxira a Francia e agora está vivindo na zona do Levante. Terémolo en Lugo para contarnos a súa experiencia a través do docu-drama ‘Guerrilleiros ou bandoleiros’, de Antón Grande”.

Mentres, para o 29 quedará unha mesa redonda “con mulleres que participaron da loita antifranquista facendo parte das organizacións na clandestinidade. Falarán da participación da muller naquela época”, concluíu Somoza.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2015-01-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES