Notas de prensa

Concerto de panxoliñas do Orfeón Lucense na Catedral de Lugo

O Orfeón Lucense ofrece un concerto de panxoliñas na Catedral de Lugo dentro do ciclo plurianual "Vía Pulchritudinis" (Camiño da fermosura).

O sábado, día 27 de decembro, ás seis da tarde, no altar do Xo Xesús da Catedral Lugo, o coro titular da catedral, o ORFEÓN LUCENSE, baixo a dirección rdo seu titula de Marcos Fernández Mosquera, ofrece un recital de panxoliñas dentro do ciclo plurianual "Vía Pulchritudinis" (Camiño da fermosura).

O concerto constitúe unha homenaxe e lembranza de María del Carmen
Pollán, membro do Orfeón recentemente falecida.

Acompáñase o repertorio a interpretar neste concerto, que conta coa
colaboración especial ao violín e piano de Carlos Rodríguez Otero, galego
de quince anos residente en Bristol (Reino Unido), neto do escritor Manuel
Rodríguez López (+) de Paradela.

Xulio Xiz (presidente do Orfeón Lucense), 2014-12-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES