
A primeira delas será o día cinco, venres, en Begonte, onde ás cinco da
tarde cantará a misa na igrexa parroquial e logo ofrecerá un recital de
panxoliñas despois do pregon do Nadal que pronunciará o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
O día oito actuará na Catedral con motivo da Festividade da Virxe. O 14,
celebrará un concerto de Nadal, xunto coa Banda Municipal de Lugo, na
igrexa de San Pedro, dentro do ciclo que promove o Concello de Lugo.
O 18, actuará na igrexa da Nova, nos actos finais da Novena da Virxe da
Esperanza.
O 19, actuará no salón de actos de Abanca, con motivo do Pregón do Nadal.
O 27, ás seis da tarde, ofrecerá na capela do Bo Xesús da Catedral Lucense
o xa tradicional Concerto de Nadal.
O 28, cantará en Teixeiro con motivo das celebracións do Día da Familia.
E o trinta, cantará panxoliñas polas rúas da capital, dentro da Campaña de
cantos de Nadal que organiza a área de cultura da Deputación Provincial de
Lugo.
Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
Máis información: http://www.orfeonlucense.com
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.