
O director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil, visitou na capital lucense a rodaxe da película Hotel Almirante, producida pola compañía galega Formato Producciones e subvencionada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O filme, que adapta nunha miniserie televisiva de dous capítulos de 90 minutos a novela homónima da escritora Marta Rivera de la Cruz, obtivo para o seu financiamento un total de 245.925 euros a través da convocatoria de axudas de 2012 destinadas ás producións audiovisuais en lingua galega.
Hotel Almirante, que tamén conta coa participación de Televisión de Galicia, estase a gravar en distintas localizacións das cidades de Lugo e A Coruña desde o pasado 27 de outubro. A xornada de rodaxe, desenvolvida en concreto na Praza Maior e no interior do edificio do Círculo das Artes de Lugo, foi seguida por Raquel Arias e por Jacobo Sutil como representantes das institucións que lle prestan apoio ao filme. Alí puideron intercambiar impresións cos membros do equipo artístico e técnico da película, entre os que se atopan o produtor Andrés Barbé, o director e guionista Antonio Cuadri ou os actores galegos Mariana Expósito e Antonio Mourelos.
Ambientada nos anos 50, Hotel Almirante conta a historia de Cristina Sanjuán, unha moza madrileña que escolle unha habitación do Hotel Almirante de Ribanova para rematar coa súa vida. Nunca antes estivera na cidade e ninguén a coñecía, pero Cristina tiña un motivo para querer que o escenario da súa morte fora precisamente aquel cuarto. A partir de aí, reconstrúese un apaixonante relato de amor, ao tempo que se desenvolve a crónica da vida do propio hotel, desde a súa fundación na segunda década do século XX ata os anos da posguerra.
Fotografía: http://www.formato.net/tv_p.html
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.