Notas de prensa

Preséntase na Casa de Galicia en Madrid o libro de Lois Diéguez: Lugo, a cidade dos tesouros encantados

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu a presentación do libro "Lugo, a cidade dos tesouros encantados", escrito por Lois Diéguez, con fotografías de Xulio Gil e editado por Engaiolarte Edicións.

No acto proxectouse un vídeo que introduciu os espectadores na proposta literaria e visual da obra e despois participaron na presentación, ademais do autor e o fotógrafo, o editor, Xan Carballa, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega. Interviñeron tamén, lendo fragmentos do libro e acompañados de sons e imaxes, Henrique Albor, Nicolás Herchón, Nacho Pérez, Inés Canosa, Lila Rodríguez e Eva Lema.

A obra aposta por un novo xeito de entrar na realidade histórica, patrimonial e cultural da bimilenaria cidade, percorrendo as súas rúas e deténdose no descubrimento de tesouros que só aparecen á vista do espectador e do visitante atento.

Ónega, lucense, recordou a súa infancia na cidade. "Lugo sempre foi unha vivencia poderosa", sostivo, supoñendo que algún tesouro importante debeu gardar para que os romanos a protexesen coa "poderosa defensa" que son as súas "marabillosas murallas". Respecto á obra, afirmou que "é un tesouro bibliográfico sobre Lugo", gabando tanto o seu contido literario como gráfico.
Diéguez explicou que este é "un libro que vai rompendo pautas", "unha guía que rompe os esquemas tradicionais", nela non se encontran restaurantes nin hoteis onde aloxarse, pero lévanos ao corazón da cidade, onde "están os seus monumentos e tamén as súas xentes" e no libro tamén hai xente real e xente imaxinada. "É un xogo constante no que quero que participen os lectores. Ao final, os índices mostran con claridade o xogo entre a realidade e a creación, descobre que personaxes existiron e cales forman parte de historias literarias".

Xulio Gil recoñeceu a importancia dos contidos nas novas tecnoloxías pero gabou o formato do libro "que permite moitas lecturas cada vez que nos achegamos a el" e que nos gusta “para agasallar e agasallarnos, para que perdure, sobre todo se se fai ben, bonito e barato,".

Xan Carballa explicou que este libro é o núcleo inicial de Engaiolarte, un proxecto que viña xerándose de lonxe e que está a dar os primeiros pasos aínda que xa publicaron outras obras. "Cabalga entre a ideación literaria e a ideación gráfica", observou sobre a obra, manifestando a súa satisfacción polo resultado e a acollida que está a ter o libro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES