
O xerente da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, inaugurou a exposición Francisco. Estrela de Belén e Camiño na Catedral de San Martiño de Ourense.
Ata o 7 de decembro a Capela de San Xoán acollerá esta mostra enmarcada no VIII Centenario de San Francisco de Asís a Compostela que pode visitarse de luns a sábado de de 11:30h a 13:15h e de 16:30h a 19:30h.
A mostra forma parte dun ciclo de exposicións temporais de beléns que están a percorrer lugares seleccionados do camiño que realizou o santo, en conmemoración e recoñecemento do seu impulso e propagación universal da devoción popular ao Misterio de Belén, unindo nun só programa as sensibilidades xacobea e franciscana. Deste xeito a exposición percorrerá, cunha perspectiva unitaria, as localidades de Burgos, Carrión de los Condes, Astorga, Roda e Medina de Rioseco e en Galicia, Sarria, Portomarín, Santiago de Compostela e Ourense
O devandito ciclo é posible grazas á participación de diversas asociacións belenistas e de Amigos do Camiño de Santiago, tanto de Galicia coma de Castela e León, xunto a outras entidades, institucións e particulares.
Esta sede de Ourense, terá dúas localizacións: a capela de San Xoán da Catedral, dedicada ao belenismo na provincia, que comprende obras relacionadas coa Natividade do Señor dos séculos XVI ao XIX, completándose con figuras, pinturas e beléns de artistas ourensáns do século XX, e o Liceo, que, a partir do próximo 29 de novembro, incluirá dúas salas con diferente temática: unha monográfica sobre a Vía da Prata- Camiño Mozárabe a Santiago de Compostela dende Huelva e outra sobre a Asociación Belenista de Ourense, próxima a cumprir cincuenta anos de andaina.
Durante o acto de inauguración, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, destacou o alto nivel de calidade artística da mostra e agradeceu tanto a Catedral de Ourense como a Asociación de Amigos de San Francisco de Asís, as asociacións belenistas e as asociación de Amigos do Camiño de Santiago a súa colaboración.
Así mesmo, sinalou a importancia da cidade de Ourense no legado franciscano da cal afirmo é un lugar emblemático con numerosas pegadas do franciscanismo.
Emblema da cidade de Ourense
A Catedral ourensá de San Martiño segue adiante co seu proceso de restauración. O presidente da Xunta de Galicia anunciou o pasado mes de outubro novas intervencións para o que resta de ano e o próximo ano 2015 que terán un investimento duns 450.000 euros con cargo aos Fondos Feder. Con esta nova partida acondicionarase o patio entre a nave e o edificio de cóengos, rehabilitarase a portada norte e limparase a fachada.
Isto súmase á finalización das obras na Capela de San Xoán e doutras rematadas anteriormente como o Pórtico do Paraíso, que recuperou a súa policromía, o órgano maior ou a impermeabilización e lousado. En total, investíronse xa 1,5 millóns dende 2011.
A finais deste 2014 concluiranse as cubertas e as terrazas na cabeceira, o que inclúe a Capela do Santo Cristo, a reparación puntual nas terrazas da torre sur e a restauración da pintura mural do nártice.
A Catedral de San Martiño de Ourense, declarada Monumento Nacional en 1931 polo seu gran valor arquitectónico e cultural, é un emblema da cidade de Ourense.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.