Notas de prensa

O CGAC programa un curso de cinema e dous concertos de música contemporánea

O curso de cinema "Derivas da modernidade. Do cinema clásico ao cinema moderno. Intuicións, eclosións e ecos dos novos cinemas da modernidade (1950- 1980)" centra algunas actividades do CGAC que tamén acolle 3 documentais do Womex baixo o título "From Berlin to the World" e programa os dous últimos concertos das xornadas de música contemporánea.

A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta no Centro Galego de Arte Contemporánea diversas actividades no campo do cinema, o documental e a música. Este mércores ás 19.00 h. arrancará o curso de cinema ‘Derivas da modernidade. Do cinema clásico ao cinema moderno. Intuicións, eclosións e ecos dos novos cinemas da modernidade (1950- 1980)’ que terá unha duración de seis meses. O curso, dirixido por José Manuel López, traza un panorama xeral sobre a revolución que supuxeron os novos cinemas nos anos 60, as intuicións trazadas na década dos 50 e os seus ecos nas posteriores décadas dos 70 e 80.

Nos relatorios combinaranse sesións temáticas e transversais como a dedicadas o neorrealismo italiano, a Nouvelle Vague ou o Novo Hollywood con outras monográficas centradas nalgúns dos principais cineastas destas décadas como Robert Bresson, Ingmar Bergman, Orson Welles, Roberto Rossellini, Eric Rhomer ou Stanley Kubrick, entre outros. Nas sesións proxectaranse escenas claves para a análise dos filmes máis representativos deste período decisivo da historia do cinema.

A matrícula é de 80 euros e o prazo para inscribirse remata mañá. As persoas interesadas poden facer a inscrición a través da páxina web do CGAC www.cgac.org [nova venta] ou escribindo un correo electrónico a [email protected]. Pode atoparse máis información no link: Curso cinema Derivas da modernidade [nova venta] .

Documentais

Do xoves 23 ao sábado 25 de outubro, con motivo do 20 aniversario da World Music Expo (Womex), o CGAC acolle a sección de documentais ‘From Berlin to the World’. Esta feira internacional de world music programará durante estes días concertos, encontros, conferencias e proxeccións de documentais recentes sobre música en diferentes puntos da cidade. As proxeccións están abertas ao público e terán lugar no auditorio do CGAC ás 18.00 h.

A programación comeza o xoves 23 con ‘Midsummer Night's Tango’, de Viviane Blumenschein. Gravado entre Arxentina e Finlandia no 2011, este documental −producido por Georg Tschurtschenthaler− descóbrenos o tango arxentino en Finlandia. Desde o punto de vista do cantante Chino Laborde, o guitarrista Diego 'Dipi' Kvitko, e o bandeonista Pablo Greco, achegarémonos a esa relación entre Finlandia e o tango que conta o cineasta Aki Kaurismäki nos seus filmes.

O venres 24 proxectarase ‘Que caramba es la vida’, de Doris Dörrie, unha fita que foi gravada en México DF no 2012 e producida en Alemaña este mesmo ano, e que aborda a cultura mariachi mais que como simple música como un estilo de vida que mira ao mundo desde a perspectiva do “macho”.

Finalmente, o sábado 26, proxectarase ‘Journey to Jah’ de Noël Dernesch e Moritz Springer. Unha obra rodada entre Xamaica, Suíza, Alemaña e Italia, entre o 2007 e o 2013.

Para ampliar a información pódese consultar o web http://www.nordesia.com/womex14/. Pódense descargar o dossier e fotos:
https://www.dropbox.com/sh/u1t3jy2sp9gihv7/AACpDTQy41nxoKJQ7gnsHWRVa/WOMEX-documentacion [nova venta]

Xornadas de Música Contemporánea

Este domingo 26 de outubro terán lugar os dous últimos concertos das Xornadas de Música Contemporánea no CGAC. As entradas serán de balde previa retirada do billete na recepción do CGAC ou no Teatro Principal.

Ás 12.30 h. e como parte do programa a ‘AdesTempo’ terá lugar no CGAC o concerto didáctico ‘Experimenta coa música’ da Orquestra do Espazo de Cámara de Universidade, dirixida por Mario Diz. A través de diferentes técnicas experimentais achegarase a música contemporánea aos máis pequenos. Os nenos e nenas que participen coñecerán ademais o funcionamento dunha orquestra e os instrumentos que a compoñen. O público poderá intervir na interpretación das pezas e elaboraranse composicións musicais curtas in situ a base de musicogramas (técnica compositiva con debuxos). Pódese atopar máis información no link Concerto didáctico

Ás 20.00 h o pianista cubano Alejandro Vargas estreará a súa última creación. AMa AZa LaNdo é un fulgor de figuracións representativas de paisaxes sonoras onde se recrean ambientes do minimalismo, o orientalismo, a improvisación libre e o jazz. Pódese atopar máis información no link Alejandro Vargas

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-10-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES