No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no decurso dun do xantar do sábado 11 de outubro o ditame da trixésimo sétima edición dos Premios da CrÃtica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais, Artes Escénicas e Audiovisuais e Cultura Gastronómica.
Baixo o lema “A beleza feriume para sempre”, recollido dun verso de Xosé MarÃa DÃaz Castro, xuntáronse trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da polÃtica, da sociedade e da actividade cultural do paÃs, entre as que se atopaban Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación e Cultura; MarÃa José Bravo Bosch, delegada da Xunta de Galicia en Vigo; Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Xosé Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; Xavier Vence, portavoz nacional do BNG; Iolanda Veloso, voceira do BNG no concello de Vigo; Xesús Alonso Montero, presidente da RAG; LuÃs González Tosar, presidente do PEN Club e Francisco Castro, presidente de GALIX, entre outros.
Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da CrÃtica Galicia, abrÃu o acto, conducido por Inmaculada López Silva, saudando aos asistentes e lembrando a importancia desta triséxima sétima edición na que por vez primeira se convocaba a modalidade de Cultura Gastronómica.
“Costa do Solpor” de Xosé MarÃa Lema, Premio de Creación Literaria
O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Xabier Cordal Fustes, escritor, gañador da edición anterior; Ramón Nicolás RodrÃguez, crÃtico, membro sección crÃtica AELG; Mercedes Queixas Zas, escritora, secretaria AELG; Carme Ferreira Boo, profesora da UDV, membro da Asociación de Investigación ELOS; Rexina RodrÃguez Vega, escritora, profesora UDV; Modesto Hermida GarcÃa, crÃtico e ex-profesor da USC e Ernesto Sánchez Pombo, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Critica Galicia, acordou declarar finalistas as obras Costa do solpor de Xosé MarÃa Lema (Xerais), O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila (Galaxia) e Matarte lentamente de Diego Ameixeiras (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maiorÃa o premio a Costa do Solpor de Xosé MarÃa Lema editada por Xerais. O xurado salientou que “a obra gañadora asume diversos modelos narrtaivos cunha ampla documentación histórica e un rexistro lingüÃstico rico, poñendo en valor os territorios literarios vinculados co mar”.
“EstilÃstica da lingua galega” de Xosé Ramón Freixeiro Mato , Premio de Investigación
O xurado da modalidade de Investigación, formado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático da USC; gañador da edición anterior; Nieves RodrÃguez Brisaboa, catedrática de Computación da UDC; Mar Fernández Vázquez, secretaria da Fundación de Investigación ELOS; Luis Espada Recarey, catedrático e ex-reitor da UDV; LucÃa Fernández-Novoa Valladares, directora da Unidade de Genética de EBIOTEC, José Antonio Gómez Segade, catedrático da USC e Charo Portela, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da CrÃtica Galicia, acordou declarar como finalistas as obras Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos populares de Antón Cortizas (Xerais), Arte e ciencia en Galicia de Francisco DÃaz Fierros (Servizo de Publicacións da USC) e EstilÃstica da lingua galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maiorÃa o premio a EstilÃstica da lingua galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato editada por Xerais. O xurado salientou “a novidade e orixinalidade da proposta, que é a primeira deste tipo en lignua galega, e a concepción e enfoque amplo da EstilÃstica ao abeiro doutras disciplinas lingüÃsticas”. Asà mesmo subliñou “o seu potencial na investigación lingüÃstica e a súa apliación en relación ás novas tecnoloxÃas”.
“Ciclo Poetas D(in)versos”, Premio de Iniciativas Culturais
O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Xulio Amigo Estrada, editor, gañador da edición anterior; Eulalia Agrelo Costa, presidenta de ELOS, profesora; Carlos Callón Torres, profesor e escritor; Berta Dávila Fernández, mestra e escritora; Xosé Ramón Fandiño, presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Celia Torres Bouzas, editora e Blanca Roig, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da CrÃtica Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Ciclo de Poetas D(in)versos, revista Luzes e Viñetas desde o Atlántico. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Ciclo de Poetas D(in)versos. O xurado salientou que o Ciclo de Poetas D(in)versos, que se leva a cabo no Auditorio do Centro Ãgora da Coruña, dende onde se ofrecen recitais da mellor poesÃa de Galicia e do Mundo, “é fonte de alimentación do gusto poético, dignificando e visualizando o xénero, consolidando un público propio para a lÃrica de hoxe, tanto nacional como internacional”. O xurado subliñou, ademais, “a capacidade do ciclo para implicar ás librarÃas que sirven poesÃa á cidade, expandÃndao por toda Galicia a través de recitais de poetas convidados ao ciclo, coordinado por Yolanda Castaño”. Por último, o xurado quixo recoñecer, ademais, o Festival Ponte-Poética, dirixido tamén por Yolanda Castaño, co apoio, sobre todo, do concello de Pontevedra e do Ateneo da Cidade, no que participan poetas de todo estado e se realizan actividades para insistir na alimentación do gusto literario”.
“Berrogüetto”, Premio de Música
O xurado da modalidade de Música, formado por LuÃs Soto, membro de TAC, gañador da edición anterior; JoaquÃn Carvajal, director do Coro Clásico de Vigo; Teresa CuÃñas Lavandeira, xornalista; Óscar Losada Castro, xornalista; Julio Gómez, director de Sin Sal, LucÃa Riveiros Vázquez, soprano e Manuel Bragado, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da CrÃtica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Historia da Música en Galicia de Lorena López Covas, Berrogüetto e Germán DÃaz. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar o premio por maiorÃa a Berrogüetto. O xurado salientou “a excelente traxectoria artÃstica de case vinte anos do grupo vigués, constituÃndose nunha referencia imprescindible na música de raÃz galega, e un conxunto de prestixio no panorama internacional que deixa un legado permanente na nosa cultura”.
“Antón Pulido”, Premio de Artes Plásticas e Visuais
O xurado da modalidade de Artes Plásticas e Visuais, formado por Xulio Gil RodrÃguez, fotógrafo, gañador da edición anterior; Paula Cabaleiro, xestora cultural e comisaria de exposicións; Carlos Núñez “Le Vieux”, deseñador gráfico; Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta; Xavier Limia de Gardón, crÃtico de arte, Annia González Castiñeira, directora de Pletor e Xavier SenÃn, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da CrÃtica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Berta Cáccamo, Antón Pulido e Francisco Pazos. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maiorÃa o premio a Antón Pulido.
O xurado salientou que “Antón Pulido Nóvoa é un pintor e un excelente gravador que comenza axiña nos montes de Casaio, desenvolve un trazo profundo e denso que concreta nunha narrativa rexionalista que gabou Otero Pedrayo cando aÃnda non fixera Belas Artes en Barcelona. Refina o trazo despois da súa etapa de formación até que a mediados dos oitenta fai seu o expresionismo figurativo, en soidades de paseantes, xogadores, mulleres na lúa e todo un mundo simbólico. En 2013 sorprende en Pontevedra coa exposición "Kermesse" que viña esbozándose en mostras fóra de Galicia dende o ano 2007. Kermesse é unha viaxe a unha abstracción lúdica, moi ben organizada, que transforma toda a súa pintura anterior cunha solidez moi difÃcil de acadar. Pola súa traxectoria, pola exposición que se menciona, pola lección de frescura e renovación comprendendo o seu tempo, cremos que o artista é merecedor deste premio”.
“Costa da morte” de Lois Patiño, Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais
O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado por Marta Pazos Antas, directora de escena e actriz, gañadora edición anterior; Alfonso Pato, director do festival de Cans; Damián VillalaÃn, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Paula Carballeira Cabana, escritora e actriz; Roi Vidal Ponte, dramaturgo e director de escena, Roberto Pascual RodrÃguez, director da MIT Ribadavia e profesor na ESAD de Galicia e MarÃa do Cebreiro Rábade, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da CrÃtica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Costa da morte de Lois Patiño, As do peixe de Abrapalabra creacións escénicas e Eurozone de Chévere. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maiorÃa o premio á pelÃcula Costa da morte de Lois Patiño. O xurado salientou “a capacidade do filme para abrir unha liña estética non convencional e un punto de inflexión no cine galego e na revisión do diálogo entre cine e paisaxe, asà como na internacionalización do sector e na renovación dos modelos tradicionais de produción, distribución e exhibición”. O xurado expresou, ademais, que “debido á fecundidade dos ámbitos escénicos e audiovisual e á dificultade para equiparar obras de natureza tan distinta, recomenda a creación de dúas seccións diferenciadas en posteriores edicións destes premios”.
“Grupo Cuevas”, Premio de Cultura gastronómica
O xurado da modalidade de Cultura gastronómica, modalidade que se concedÃa por vez primeira na historia destes premios, formado por Manuel Gago Mariño, escritor, director de Culturagalega.org; Matilde Felpeto Lagoa, escritora de temas gastronómicos; Fina Casalderrey Fraga, escritora, membro RAG; Xavier Castro, profesor da USC, historiador de temas gastronómicos; Guillermo Campos, crÃtico gastronómico, Jose Maria Fonseca Moretón, presidente Grupo Terras Gauda e por Antón Sobral, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crñitica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Empresa Cuevas S.A., Fundación Dieta Atlántica e Centro Superior de HostelerÃa de Galicia. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maiorÃa o premio a Grupo Cuevas. O xurado salientou que Grupo Cuevas é “unha empresa familiar de longa e consolidada traxectoria (máis de 100 anos) que ofrece dentro e fóra de Galicia un fito destacado, ser pioneira en converter un produto autóctono, a castaña, nun elemento de calidade con incidencia universal, como é a castaña confitada, sen deixar de mirar cara adiante na procura de seguir a mellorar resultados. En defintiiva, a través da posta en valor dun produto popular desprestixiado, no eido da excelencia”.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.